
|
Aloia-Galiñerio Por unha serra sen eólicos !!
|
Engadir comentario
![]() |

|
Aloia-Galiñerio Por unha serra sen eólicos !!
|

| Nace SonRadiofusión, unha asociación na defensa das emisoras municipais de radio en Galicia SonRadiofusión xorde na rede de emisoras municipais de Galicia para procurar a unión de forzas de todas as persoas interesadas na defensa dos medios de comunicación máis próximos á cidadanía. Uns medios que teñen unha visión da actualidade *propia e diferenciada* das demais, que dan voz a persoas e colectivos que non teñen cabida noutros, e que ademais, *emiten a súa programación en galego.* |

| A Candidatura da Frente Popular Galega ao Concello de Vigo volve a facer unha proposta programática orixinal na metade da campaña, tal como aconteceu na de hai catro anos coa proposta de converter o Museo do Verbum no que a FPG deu en chamar o Tiro das Artes. [http://www.blogoteca.com/fpgvigo/index.php?cod=15787 ] E é que, por vez primeira, unha candidatura viguesa aposta polo paulatino traslado da Universidade de Vigo desde Lagoas-Marcosende ao centro da cidade. |

| Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, ADEGA convoca un concurso de fotografías e outro de relatos curtos coa intención de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego através da imaxe e da palabra. Ambos concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Deporte de Vicepresidencia Primeira da Dep. de Lugo e contan coa colaboración das organizacións: AELG, AGAL, A MESA, ASPG, CIG, Nova Escola Galega, STEG, CCOO e UXT de Galiza. Baixa as bases do concurso RELATOS CURTOS (189 Kb). Tedes até o 1 de xuño para enviar os orixinais. |