
|
De ser un gran xestor a ser un desastre o percorrido é moi pequeno, como de estar nos altares a ir ao cadafalso. Salta a noticia das indemnizacións millonarias que cobrarán os antigos dirixentes das caixas galegas ou da nova caixa final. Goirigolzarri, conselleiro delegado do BBVA, deixou a entidade con uns 60 millóns. Son moitos cartos, pero é unha empresa privada e fai o que lle vén en gana. Porén, as caixas de aforros, que son publicas e privadas empregaron esta dupla circunstancia segundo lles conviña. |
Comentarios (1)


