A economía galega está a experimentar unha evolución moi positiva, que lle está permitindo acurtar distancias e acelerar a converxencia coa economía española. O bo ritmo económico, a elevada creación de emprego e o clima de confianza xerado quedan constatados nos últimos datos de crecemento do Produto Interior Bruto e de conxuntura laboral. Os datos de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo que se fixeron públicos esta mesma semana revelaban que a nosa Comunidade liderou o descenso do paro no conxunto do Estado.
Engadir comentario

