|
Tíñamonos reencontrado grazas a este invento do internet. Lémbrote desde pequecha, con esa risa en gargalladas profundas que parecian subir desde dentro do teu peito. Sempre imaxinativa, inventando contos, contando historias ... As miñas primeiras historias de cor laranxa, que era como ti lles chamabas aos contos “picantes”. |
Revivo a admiración que sentin pola tua valente rebeldia que rebentou en padecer prisión Franquista. Onde te levou a tua consecuencia coas ideas. Conseguiches vivir como pensabas e o teu pensamento reflectiu sempre á tua vida.
Quen fose coma ti:
Destemida, ocurrente, alternativa e xenerosa para comprender as multiples realidades do universo dos seres humanos.
Non suporto que me faltes do outro lado do meu computador. Fáiseme mui dificil pensar que vou abrir o xornal dixital e ti non vas estar. Faiseme duro saber que non vas respostar esta carta.
Cotinuarei a sentir o son tan peculiar da tua risa completa, total. O son que últimamente che tiña arrebatado a doenza. Impediate falar coa tua voz gutural e cálida mas non te impedia escreber, e eu, cando te lia, sentia o teu sonido.
Ouvin a tua risa na aperta que lle dabas a Elena no último acto público a que asistiches.
![]() |
Deus! Que foi da nosa xerazón? A xerazón das mulleres. Galegas do mundo que ti controlaches desde Cordeda, na FonteCuller. Sempre gostei dese nome do lugar onde vivias. Auga e vida. Nunha culler...Accesible...
Imaxino ser eu a que che da o abrazo. Recíbeo con toda a saúdade da infancia recuperada na experienza do vivido.
Curra.
Adela Figueroa


Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame

Comentarios
Ojalá nunca tuviera que haber escuchado su carta en el Cementerio de S. Amaro. A usted le ha arrebatado una amiga a nosotros una prima muy querida. Muchas gracias por su artículo, gracias por la foto que realice yo.
Rafaela y Mariano
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.