MundoGaliza

Sempre Victoria

( 47 Votos )
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

Hai novas que un xamais quixera ter que dar, e hoxe é un deses días nos que as palabras non quixeran fluír polos meus dedos, nin tan sequer saír duns beizos que ficaron pechados pola perplexidade e a dor.

Non hai tanto tempo que nos coñeciamos, que compartiamos columnas en medios de comunicación, e que partillabamos en conversas pola rede.

O tempo nunca e demasiado, nunca é suficiente, o amor non ten horario nin calquera outra cousa de importancia se mide en días, anos ou segundos. Mais as parcas non entenden diso, levan as vidas sen máis.

Hoxe Victoria, que sempre tivo un momento para dar ánimos, para loitar por causas xustas, pola liberdade, e por todo aquilo no que cria, xa non está con nós.

Había días que Victoria non estaba ben, o seu corazón rebelde e loitador precisaba dun parche para seguir o seu ritmo vital e engaiolador. Nunca pensei que estaría moitos días no sanatorio, confiaba na súa forza para saír adiante e na súa valentía, esperando vela recuperada axiña.

Hoxe, cara o mediodía, achegueime camiñando ao Modelo, esperanzada de que me dixeran que xa a pasaran a un cuarto, preguntei por ela cun sorriso pensando xa no ramo de rosas que lle ía levar.

Logo de ter que repetir o seu nome e apelidos un par de veces deixáronme sen máis reacción que as bágoas, non puiden seguir falando con aquel home do mostrador. Como podía estar morta Victoria?

victoria-diaz Victoria está con nós, porque sempre que lembremos as súas palabras ou o seu sorriso estará viva en nós, no noso recordo e no noso corazón.

Aquela Victoria que me contaba as súas andanzas, os seus anos mozos na Academia Galicia que seguía os principios da institución libre de enseñanza que ela tanto añoraba, o moito que estimou a educación que puido recibir grazas a ter uns pais de esquerdas e de mente aberta que lle permitían xogos diferentes aos das outras nenas, incluso a imaxino de pequeniña como tantas veces me ten contado baixando nun cabalo de madeira azul, con catro rodas, pola costa de María Barbeito xunto a Adela Figueroa. "Eramos moi pequenas e non sei como non nos matabamos nesas perigrosas aventuras".

Poidemos viver un mundo misterioso, rico de experiencias.
Estas eran as súas palabras, esta é Victoria. Por sempre Victoria.
 

Comentarios  

+1 txema 02/08/2007 17:56
( Teño que dicir que non a coñecía persoalmente,si lin artigos dela, polo tanto ) ATA SEMPRE COMPAÑEIRA,...e nunca millor dito , ! ata a Victoria , sempre.... compañeira !
Responder Responder cunha cita Citar
+1 Alba 02/08/2007 20:02
Sempre estarás no noso recordo, grazas polos teus artigos e as túas leccións de vida.
Bicos até o ceo.
Responder Responder cunha cita Citar
+1 Anxo D 03/08/2007 15:48
Xa me sabe mal sentar diante dun teclado nas vacacións por saudarvos a todos e enterarme, así, da primeira lapada, que esta muller tan especial morrera. Non sei se seguir coa praia e os viños coma se non me enterase ou laiarme un pouco con vós pola súa perda. Algunha vez comentéi ós séus artigos decatándome da súa grande sensibilidade. A penas a coñecíamos mais doe dabondo como para facerlle este derradeiro comentario. Ata sempre, pois, Vitoria. Foi un grande pracer coñecerte aínda que fose pouco, mais suficiente para te apreciar.
Saúdos de loito a todos e o meu pesar a toda a familia de MundoGaliza.
Responder Responder cunha cita Citar

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar

sys