MundoGaliza

Fantasías animadas de onte e de hoxe

( 12 Votos )
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

En ocasións, e a pesares de levar xa bastante tempo nos ámbitos colaterais da política, sego con sorpresa algunhas situacións que observo, nas que políticos que respecto mudan o seu discurso sen complexos, con tal de servir ao “macho alfa” de quenda, en troques de expor, por responsabilidade, o verdadeiro pensamento sobre determinadas materias.

Se na tribuna do Parlamento galego, algún deputado ten que defender posicións contrarias ao idioma galego dende un partido estatutariamente galeguista, e nas que as circunstancias que o obrigan están por riba do ben superior, que é a preservación e potenciación da lingua nai desta terra, eu o que faría antes sería marchar para a miña casa, e poder levar a cabeza ben erguida, por coherencia. Claro que se nos tres grupos de representación parlamentaria, deputados de diversa condición apoian o informe sobre a lingua galega do IGEA, mais nas palestras o seu discurso é contrario ao que lles dicta a conciencia, afástanse sen pretendelo da posibilidade de conseguir para a nosa cultura e a nosa condición de pobo diferenciado, un éxito que non debe ser unha meta, senón unha consecuencia.

Se na sociedade galega, os nosos representantes están dispostos a baixar a cabeza pola imposición dos “imbéciles e escuros”, entón o intelixente, -e o responsable-, é que esa mesma sociedade utilice os elementos democráticos nas súas mans para mudar aos de conciencia submisa, polos de conciencia comprometida. Para atacar determinadas patoloxías, os fármacos a empregar poden ser ás veces moi fortes, –sempre coa receita oficial-, e en ocasións poden xerar efectos secundarios, co obxecto de conseguir que determinados virus que ocasionan trastornos ao individuo, deixen de facer efecto, e non se estendan ao longo do “corpus”...

Un político non pode vivir permanentemente baixo as ás de falcóns en permanente “estado de alarma”, dispostos a cazar aquelas presas nas que observen movemento. O decente é que se a túa ética persoal disinte en temas tan importantes para a esencia dun pobo como é a súa ferramenta natural de comunicación, a poñas ao servicio de aqueles que te elixiron para representalos, e non para enganalos. Porque ao electorado galego moitas veces cando abre un xornal, pásalle como naqueles versos de Celso Emilio que dicían:

Creo que os homes pecan sete veces
por sete veces sete cada día,
creo na xeometría,
creo no átomo tan pequeniño,
pero que haxa unhos seres
capaces de leer tranquilamente os xornales
sin sentir tremer de noxo as vísceras,
nunca podrei creelo.

Ou non?

 

RAFAEL CUIÑA

 

Comentarios  

0 o piloto 19/12/2010 00:15
Xá e você tudo o que você está fazendo e ir de seudo jalejista do Partido Podre.
Uma coisa eo que dizes nestes xornais dixitais e outra nas tertúlias das radios bem pagas.
Responder Responder cunha cita Citar
+1 mar 20/12/2010 18:51
Se eu fose afiliada dun partido político que non so non promove o idioma propio do pais, senon que loita descaradamente pola sua extinción, dariame de baixa no mínuto 1, por moi de acordo que estibese co resto da súa política....
O desprecio que mostra o PP polo idioma galego e o meu entender realmente noxento!!!
Toda esta campaña "antigalego" fíxome entender dunha forma traumática hasta que punto o idioma é para min sagrado... incomprensiblem ente preocupame incluso mais que o meu futuro laboral (por outra parte nada alagüeño!!)
Responder Responder cunha cita Citar
+1 Eu si son galeguista 20/12/2010 20:34
Eu se fora Rafael Cuíña, con todos os meus respectos, daríame vergoña allea saír de paseo polas rúas da miña vila (suponse que Lalín, non é?) Vergoña allea polo que o meu "partido" fai coa miña lingua. Vergoña allea por dicir descaradamente en cada unha destes artigos de opinión que publica que o PP é estatuariamente un partido galeguista! JAAAAAAAAAAAAA! Onde quedou o galeguismo do PP señor Cuíña? Todos eses galeguistas que dis que existen no PP agochan a cabeza en favor do macho alfa do que tanto falas! E o peor de todo, é que non levanta a cabeza por responsabilidad e como deberían de erguela, calan e cala...o que me demostra que desde logo non son galeguistas, senón pacotilla ou "galeguistas de pacotilla". Se tan galeguista defende ser Cuíña que cree xa un partido galeguista como merece e que deixe de andar lamébdolle o cú a estes que de galeguistas teñen poucos. POLA COHERENCIA DA QUE FALA EN TODOS OS SEUS ESCRITOS. SE NON O FAI, EU FALO DE: CINISMO E HIPOCRISÍA
Responder Responder cunha cita Citar

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar


sys