MundoGaliza

Entre o ilóxico e o non razoable

( 14 Votos )
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

No primeiro artigo que comparto con vostedes neste ano que se presenta especialmente duro, ao mellor sorpréndolles un tanto.

Escribía, fai tempo, no momentaneamente desaparecido xornal dixital VIEIROS, sobre o absurdo da presencia da nosa lingua nai no Senatum do Estado. O próximo día 18 de xaneiro, será a primeira sesión na que as linguas cooficiais, poidan empregarse na chamada cámara baixa. Entendo que se un é acérrimo defensor da utilización exclusiva da lingua galega na cámara do Hórreo, non é lóxico que pretenda a súa utilización nunha institución situada na capital do Estado, e na que o idioma castelán pode ser perfectamente a única, polo seu total coñecemento e utilización por parte dos ociosos senadores.

Se engadimos que o custe de cada sesión por mor das linguas propias de Catalunya, Euskadi e Galicia, ascende a 12.000 euros, concordarán vostedes comigo no absurdo dunha medida máis efectista que necesaria. O Senado é ben certo que é unha cámara de representación interterritorial, mais a realidade fala da súa necesaria desaparición por inútil e ineficaz, nun entorno de crise que debería levarse por diante tamén ás anacrónicas Deputacións, e a unha morea de pequenos Concellos, necesitados dunha racional fusión, antes que a crise a force á “grega”. Non é funcional nin razoable a estructura administrativa da Galicia do 2011.

Na cámara galega existen recoñecibles deputados, próximos ás teses da Mephistopheles bífida, que como Fausto venderon a súa alma, na busca de rendementos persoais, e sempre con actitude cando menos sospeitosa contra a lingua de Rosalía. A súa teima utilizando o castelán no Parlamento do país, non é máis que provocación e menosprezo, disfrazado de presunta liberdade. Os antigalegos que moran no partido no que máis militantes falan e aman a nosa lingua, están xa na “fase dúas” da súa acción cara o rendemento cuantitativo, nos sustractos máis acomplexados da nosas cidades cara as eleccións municipais de Maio. Mais o que non é razoable, é esixir para nós o dereito e deber da utilización do galego, e dende a non coherencia, facelo tamén na Vila e Corte.

Na Galicia destes días, na que os ceos decidiron que as augas asulaguen a nosa terra, caen outro tipo de “diluvios” moito máis perigosos, cuxo efecto noso futuro como pobo, non hai prado nin leira que o drene, polo efecto bífido que está a producir no noso ecosistema.

Ou non?

 

RAFAEL CUIÑA

 

Comentarios  

+1 Galuso 07/01/2011 19:11
Rafa, lê, por favor.
http://www.mundogaliza.com/index.php?option=com_content&view=article&id=9916:ha-muita-fome-no-mundo&catid=109:jose-manuel-barbosa&Itemid=2440
Responder Responder cunha cita Citar
+1 Bento 07/01/2011 22:32
Argumentos bastante penosos, economicistas, claro que a única linguagem que entendedes, entendestes e entenderedes no PP é a do dinheiro. Para quando acabar com os milhões de euros atirados ao lixo do paupérrimo cinema espanhol, por exemplo?
Responder Responder cunha cita Citar
0 Xoel 07/01/2011 22:59
Está moi ben razoado
Responder Responder cunha cita Citar
+1 volvebreogan 07/01/2011 23:33
Señor Cuíña parabéns polo artigo, ten vostede toda a razón.
Persoalmente considero óptimo a presenza do galego no Senado en Madrid, porque se España fose un ''páis'' normal xa tivera acontecido anos ha, igual que historias coas que aínda andamos a voltas coma a Lei Memoria Histórica por mor de pertencermos a un ''país'' de aférrimos defensores dunha tradición e historia que non foi tal e como contan os libros, porén eu penso que como vostede dí e mais unha falcatruada do goberno ''socialista'' para frear o crecemento do arredismo en Catalunya que por firmes convicción no goberno español...Unha vez más España demostra ser un ''paìs'' feito ao chou e non algo serio..
Responder Responder cunha cita Citar
0 Marcos 08/01/2011 01:04
12000 euros por sesión? Iso significa que cada tradutor de galego-catalán-éuscaro cobra 4000 euros por sesión, máis que un controlador ou un senador? Non me resulta críbel.
Por outra banda non entendo que un representante elixido poida desprezar o galego no parlamentiño falando en castelán en virtude da 'libertá lingüística' pero os galegos non poidamos falar a nosa lingua na cámariña territorial do estado; o custo dunha medida cunha importante carga simbólica como esta é mínimo. Estando dacordo en que é unha institución inútil e prescindíbel
Responder Responder cunha cita Citar

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar


sys