![]() |
| A Garda Civil detivo nunha operación conxunta co Federal Bureau of Investigation (FBI) contra a distribución de arquivos pedófilos en Internet a 14 persoas, nove delas en España. Ademais, outras cinco resultaron imputadas, entre elas un individuo na provincia de Ourense de iniciais L.B.P., de 47 anos, e non se descartan novas detencións, segundo informou o Ministerio do Interior. |
A operación, coñecida como 'Plus ultra' e na que participaron ata 150 axentes da Garda Civil e do FBI, practicáronse 34 rexistros e, nas diferentes actuacións que tiveron lugar no noso país, analizáronse un total de 46 ordenadores, 75 discos duros de almacenamento e máis de 1000 DVDs, CDs, tarxetas de memoria, fitas de gravación de vídeo e interveuse 1 Terabyte de material pedófilo.
As investigacións comezaron o pasado mes de marzo cando varios cidadáns navarros comunicaron á Garda Civil a descarga accidental de arquivos de contido pedófilo, principalmente fotografías e vídeos de menores de ambos os dous sexos con idades inferiores aos 10 anos. Identificados estes arquivos, os investigadores localizaron tamén as súas evolucións ou modificacións, permitindo facer o rastrexo final sobre máis dun centenar destes arquivos.
Tras comprobar as conexións utilizadas nesta actividade, dende as que se realizaron as descargas detectadas, e identificar os obxectivos de interese en España e EEUU, procedeuse a coordinar entre ambos os dous países a operación que se saldou finalmente con catorce detidos, algúns dos cales levaban realizando esta actividade delituosa dende hai máis de seis anos.
Segundo informou a Garda Civil, dous dos detidos en España posuían imaxes de menores do seu propio ámbito familiar.
Até aquí a parte máis ou menos aséptica, a transcripción dunha nova que calquera podería ter feito.
Pero é que non sinten noxo, raiba, impotencia.. cando len ou redactan como este fato de dexenerados magoan a alma, a dignidade e o corpiño das criaturas?? E por riba o gravan para obter non sei que tipo de pracer demente, eles e outros como eles que consumen este tipo de imaxes.
Eu non podo, non hai acougo para unha nai sabendo que hai suxeitos desta caste soltos polo mundo. O máis grave é que estes enfermos, porque para facer tal depravación ou hai que estar enfermo ou ser unha especie de animal irracional sen entrañas, dan en abusar tamén de criaturas do seu propio entorno.
Como un pai pode destrozarlle así a vida a quen máis debería querer, coidar e protexer?
Hai uns días chegou a min unha petición de axuda dunha nai viguesa á que separaron da súa filla. Unha nena de nove anos que levaba desde os tres sufrindo os abusos do seu propio pai. A nena está nun centro, e desde alí, por incrible que pareza, é obrigada a recibir as visitar do pai, un pai que está demostrado con informes pediátricos que abusou dela.
Claro, e despois a nai é unha paranoica, unha rancorosa que quere castigar a un pobre pai divorciado apartándoo da súa princesiña..
Eu non sei se é que non hai xustiza neste mundo, se hai homes aos que lles fallan as conexións cerebrais, ou xuíces que antepoñen a súa misoxinia ao que lles debería ditar a razón, a xustiza e o corazón.
Non podemos permanecer impasibles ante tanta barbarie, ante tal desprotección, ante a máis elemental das xustizas. Acaso debemos poñer a outra meixela e agardar que sexa a xustiza divina a que castigue a estes "elementos"?
Hai que loitar contra a impunidade, hai que reclamar penas moitísimo máis duras para os pedófilos, hai que mobilizarse por unha xustiza máis xusta.
Ou é que teremos que agardar a que un peixe gordo se vexa afectado polo problema para que se toquen os fíos que hai que tocar???



Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame

Comentarios
O das nenas de Alcasser acho que va ficar assim... e nao esqueças que há um pai ao que se castigou duramente por abrir a boca ademais de pedir o que calquera pediría.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.