|
|
| Debo recoñecelo, estou profundamente arrepentido de ter baixado a garda, ante o que as circunstancias demostran que nunca o podes e debes facer. |
Escribía nesta mesma columna sobre o meu posicionamento ao respecto da utilización do noso idioma no Senado do Estado. Os meus argumentos básicos falaban da non necesidade de esixilo na “cámara alta”, por coherencia, cando algúns o esiximos como único na cámara galega. Engadía o custe por sesión de 12.000 euros, e o ridículo da utilización de aparatos de tradución existindo un idioma común castelán –o que se fala entre todos nos corredores-, xunto coa miña opinión da necesidade de desaparición do Senado, e a súa suposta función de cámara de representación interterritorial, por inútil e custosa.
Equivoqueime profundamente, e pido desculpas. Dinme conta do meu monumental erro, -un non se cre un oráculo-, cando sentín unha profunda vergoña ao observar a actitude de dúas senadoras do meu partido, nominalmente galegas. O seu desprezo pola nosa lingua, adornado de excusatios non petitas sobre o seu amor a nosa cultura e a nosa lingua, resultoume un bochorno inasumible, para calquera que na súa alma albergue o máis mínimo sentimento de galeguidade. É evidente que non podes dar argumentalmente o máis mínimo indicio, para que a inmundicia atope acomodo. A actitude cos que danan o noso patrimonio, debe ser a de “nin un paso atrás”.
Estou aínda por ver unha soa medida, nestes tempos de convulsión cultural no país, na que en caso de dúbida, o galego non sexa o grande prexudicado. Se as senadoras Sáinz e Pan, e quen lles manda ter esa actitude, consideran que deben facer un limiar da súa inmundicia, asegurando un respecto e amor por algo que seguidamente desprezan, é que ou ben “non lles da para máis”, ou ben obedece a estratexias nas cales, o obxectivo final -gobernar a calquera prezo-, debe estar por riba do futuro da terra á que eles cren representar –outra cousa é que o fagan-.
Lémbrolle a esas representantes “nominais” da nosa terra, que militan nun partido de 100.000 afiliados, que na súa inmensísima parte aman un idioma co que se criaron, e que non cren en complexos co que forma parte da súa esencia. O que foi, pode volver a ser, e das voltas que en política da a vida, dou fe…
Non volverei a cometer ese erro de condescendencia. A miña palabra queda empeñada.
Hoxe, se mo permiten, non hai “ou non?” que valga…
RAFAEL CUIÑA



Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame

Comentarios
- reiteradas veces se autoafirmou coma tal - , cunha idea tan clara coma a que vostede ten, pode seguir por un intre máis nese partido - PP en G - , tan destructivo para todo o que significa ter " carácter diferencial " : Lingua , cultura , economía , historia ... . Verá , o lema para a maioría dos seus correlixionario s é aquelo de " Gallegos si , pero sin pasarse ".
Sr. Cuíña ou se está con quenes defenden a dignidade deste País ou non; non pode haber término medio . Como se di no dito mariñeiro : " Non se pode estar achicando e pedindo auga á vez "
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.