![]() |
O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, deixou claro este mediodía no Pleno do Senado o rexeitamento do BNG ao pacto acadado entre o PSOE, o PP e CIU sobre a coñecida popularmente como “Lei Sinde” que é en realidade unha disposición final á Lei de Economía Sostíbel. A Lei de Economía Sostíbel pasaba hoxe o último trámite no pleno do Senado, e dado que se introduciron modificacións, voltará ao Congreso dos Deputados. O senador do BNG dixo que “non estamos dacordo nen co fondo nen coa forma, introducindo a cuestión das descargas de internet na Lei de Economía Sostíbel”. Afirmou que o BNG está a favor de protexer aos creadores culturais “pero unha cousa é iso e outra moi distinta facelo através dunha vía como a proposta”. |
Pérez Bouza remarcou que despois do fracaso no Congreso, o Goberno “tratou por todos os medios que este tema fose aprobado no Senado. Métese pola porta de atrás e pérdese a oportunidade de facer unha reforma seria nunha Lei de Propiedade Intelectual que sería máis axeitada”.
Porén, “óptase por facer un parche que non contenta a ninguén, nen a creadores nen aos internautas”. Amosou o desacordo do BNG con que se manteña a creación dunha Comisión ministerial que “supón unha censura”. E lembrou que cando un autor ve que se vulnera os seus dereitos como creador pode recorrer á vía xudicial.
Enfatizou que “o pactado non axuda a frear as descargas de internet e a piratería” e engadiu que “pór portas ao campo, pór trabas a internet é algo moi complexo. Desde logo, o método elexido non vai ser a solución que se precisa para protexer a propiedade intelectual”.


Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame
