![]() |
A Selección Galega sénior de Loita Libre Olímpica acadou o primeiro posto no Campionato de España por seleccións. O pavillón Municipal de San Javier (Murcia), foi o marco da excepcional actuación dos deportistas Galegos nos Campionatos de España. |
A Selección Galega sénior, adxudicouse o Campionato de España por seleccións na categoría de Libre Olímpica, onde brillaron de xeito especial os Ouros de Jose Cuba 120kg (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e Eder Villanueva 96kg (Club Castro de Vigo), así como os bronces de Eliseo Permuy 60kg e Miguel Caramés 55kg (ambos do Club Keltoi de Vila de Cruces).
O traballo dos dous deportistas Galegos que acadaron as medallas de ouro, abriulle as portas da Selección Estatal de Loitas Olímpicas, asinando a participación de ambos no Campionato de Europa de Loitas Olímpicas que terá lugar en Dusseldorf (Alemaña) do 29 de Marzo o 3 de Abril.
Fonte: Federación Galega de Loita



Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.