![]() |
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, xunto co Ministerio de Industria, Turismo e comercio, a través da Entidade Pública red.es, vén de completar a instalación do equipamento do programa "TIC TAC Galicia", dotando a 149 centros públicos de dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade. Esta iniciativa desenvolveuse grazas ao convenio asinado entre este Ministerio, e a Xunta de Galiza, e contou cun investimento de 820.000 euros na Comunidade, financiada pola Entidade Pública e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. |
Na Galiza a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica seleccionou como beneficiarios desta axuda a 149 centros públicos de acceso a Internet, pertencentes a distintas consellarías e departamentos autonómicos entre os cales se inclúen 20 bibliotecas públicas, 89 centros adheridos a a Rede de aulas de Modernizacion e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), 14 centros hospitalarios, 8 parques naturais, 17 centros de atención a discapacitados e aulas de formación.
Nestes espazos instaláronse 150 ordenadores e 153 portátiles adaptados para que as persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motora poidan acceder a Internet. Así mesmo, dotóuselles de 181 kits de discapacidade e 60 lectores de DNI electrónicos.
Xunto coa instalación do equipamento, o programa TIC TAC contempla tamén a capacitación dos profesionais que asesorarán os usuarios no uso do equipamento. Estes profesionais recibiron xa unha primeira capacitación individual no uso dos dispositivos. A principios de abril esta formación ampliarase coa impartición dunhas xornadas de grupo nas que tamén aprenderán a orientar o público obxectivo deste equipamento. Ademais, tamén se poñerán en marcha xornadas de difusión para usuarios onde se lles informará do equipamento do que dispoñen, que pode achegarlles e do onde poden atopalo. Deste xeito, ao longo mes de abril os centros estarán plenamente capacitados para atender a todos aqueles usuarios que se acheguen para facer uso destes dispositivos.



Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame
