|
|
|
O BNG fixo entrega este venres da documentación que posúe para que a Fiscalía abra unha investigación sobre unha suposta manipulación do censo electoral en Xinzo de Limia. A manipulación de censos electorais non supón novedade ningunha, o que si é benvido e até novidoso é a denuncia e a investigación pertinente. |
O BNG pide que se investigue o empadroamento do que fora delegado provincial de Medio en Ourense, Agustín Prado Verdeal, e de catro familiares na casa dun veciño de Xinzo co que non teñen ningún parentesco.
Para iso, representantes do BNG presentaron as "probas" que consideran que "demostran" que "non é o seu domicilio". Así, o voceiro do BNG en Xinzo, Amador Díaz e o senador Xosé Manuel Pérez Bouza acudían este venres ao Pazo de Xustiza da capital das Burgas para facer entrega, na Fiscalía de Ourense, da documentación para denunciar supostas manipulacións no censo electoral desta localidade.
O voceiro nacionalista en Xinzo manifestou que, tras a entrega a documentación, "espera" que o fiscal "decida abrir unha investigación" sobre o padrón deste municipio, onde en decembro de 2010 se empadroaron "122 novas persoas".
Pero este éche o conto de sempre, votos de vivos ou mortos, presentes ou ausentes, monxas de clausura ou velliños moribundos, o caso é contabilizar votos... e se é por correo.. o voto estranxeiro até por triplicado..
Amador Díaz sinalou que estas 122 persoas se censaron en Xinzo de Limia "cun único obxectivo", que se centra en "lograr a maioría absoluta" por parte do PP, segundo aseverou. De feito, apuntou a unha "dobre lectura" e "ao mellor o PP xa dá por perdida a Alcaldía de Ourense e, por iso, intenta conseguir ao prezo que sexa a alcaldía de Xinzo". "Esperemos que se actúe en consecuencia e que estas persoas rectifiquen e que o único obxectivo que se persegue é vota o próximo 22 de maio",
Os censos altéranse até para conseguir unha praza nunha escola.. para canto máis se se trata de votos..!!


Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame
