MundoGaliza

Castelao e a Thermomix

( 9 Votos )
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

Se non escribise un artigo do tenor deste, non podería considerarme unha persoa coherente, nin ser eu mesmo. Desculpe o lector habitual desta columna, se falo en primeira persoa, para tentar facerlles chegar a opinión dun modesto/molesto militante dun partido, que en ocasións saca os pés do testo, para denunciar situacións traxicómicas producidas dende as salas de máquinas da súa organización.

Unha ofrenda floral na tumba de Castelao en Bonaval, non pode ser un exercicio de cinismo partidista, mantendo unha calculada equidistancia entre o que un afirma, e o que un fai. Sempre digo que sen dúbida o rianxeiro é un dos máis importantes símbolos de Galicia, pero está lonxe de representar, tristemente, a moitos posuidores da veciñanza civil galega. Castelao non pode representar a un “logaritmo neperiano” político artificial, chamado “galeguismo cordial”. No Partido Popular militamos unha morea de militantes de sentimento galeguista, uns con base máis ideolóxica, outros con poso máis populista. Militantes que veneran a figura de alguén fundamental para entender esta terra, e aos que causa proídos a sistemática prostitución da súa figura, por distintos persoeiros situados ideoloxicamente na beira contraria á que pretenden conquistar. Sería moi curiosa unha hipotética visita do Dalái Lama á tumba de Mao Tse Tung, a de Madoff á de Karl Marx, ou a mesma de Quevedo á de Góngora, para encomiar o contrario do que todos os días estou representando.

O pensamento político do rianxeiro, é incompatible coa diglosia funcional escondida debaixo do “bilingüísmo harmónico”, como o é con calquera medida que produza unha descompensación funcional entre un idioma que parte dunha posición de inferioridade, e outro que se potencia, cando a súa superioridade cuantitativa, tende a aumentar exponencialmente a costa do propio de Galicia. Mais se engadimos a concepción nacional de Galicia que tiña un, e a relación rexión-Estado, que fomentan gran parte dos outros, atoparémonos nun “galimatías” existencial, no que se o minuendo é Galicia, e o sustraendo determinadas políticas con filia centralista, o resultado non pode ser outro que o cinismo calculado.

Pretender que Castelao sexa unha “thermomix” que valga para un “roto”, e para un “descosido”, é cando menos perigoso. Porque a calidade do produto pode parecer boa, máis o sabor, pode ser en ocasións rexeitado, por ser insoportablemente artificial…

Ou non?

 

Comentarios  

+7 Marcos 25/05/2011 13:40
Ola Rafael,

Son seguidor dos seus textos de opinión dende hai anos e sempre tiven a curiosidade, mirando dende o lado esquerdista do nacionalismo galego, de saber porqué un nacionalista galego coma vostede non funda un partido con todos eses galeguistas que están dentro do PP, que dia non, dia si, nomea nos seus escritos.

Gustaríame moitísimo que houbese un partido de centro-dereita galeguista que defendese os intereses de Galiza xunto con partidos de outro corte ideolóxico coma o BNG e nun suposto caso, xuntarse para decidir certas cousas que atinxen só aos galegos.

Ou é que vostede tamén serve tamén para un "roto" e para un "descosido"? Non podo crer que un persoaxe culto e abertamente galeguista e nacionalista permaneza nun partido que día si, día tamén, abofetea ao galeguismo cunha desfachatez e unha mala praxis que me deixa atónito.

Pola saúde democrática galega, e pola súa saúde mental, por favor, Rafael, deixa o PP.
Responder Responder cunha cita Citar
+3 Luís TP 25/05/2011 14:37
Concordo totalmente contigo Marcos, a nosa terra precisa dun partido nacionalista de dereitas. Sendo eu votante nacionalista de esquerdas, recoñezo que sería moi bo un partido que mirase pola nosa cultura e idioma, en definitiva que miraxe para a Galiza e non para Madrid. Hai moito votante de dereitas que non ten máis opción que o PP, estou seguro que esa xente cambiaría o seu voto.
Rafael está nas túas mans!
Responder Responder cunha cita Citar
-1 vitormanuel2002@gmai 25/05/2011 14:37
sempre me preguntei, qué era antes a identidade ou a tendencia politica. Os de Palencia non teñen ese problema, nos sí; pero ter o problema non fai que non teñas tendencia políca. Cada quen situase co seu grupo de pensamento, sen embargo o problema temolo todos, ainda os compañeiros de Rafael, ainda que a maioria non o recoñezas.
Vitor Manuel Garcia Dominguez
Responder Responder cunha cita Citar
0 mariña 27/05/2011 11:25
Eu penso que Rafael ten que seguir no PP, porque con xente como el temos pode frenar pode introducir o debate contrapesar a ese nacionalismo español centralista, que pretende afondar nas diferencias socialis e aniquilar as diferencias nacionais.
Responder Responder cunha cita Citar
0 Raparigo 28/05/2011 03:34
Só unha pregunta...¿de verdade existe xente nacionalista, galeguista ou como lle queiran chamar nas ringleiras do PP da Galiza?

Interesame a resposta, grazas de anteman por respostarme.

Un saudo.
Responder Responder cunha cita Citar
0 ESCALEIRAS 28/06/2011 10:00
"Gallego" nas escaleiras. sen mais. CUIÑADAS
Responder Responder cunha cita Citar

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar


sys