![]() |
|
"Arteixo tuvo que ser... con su lunita plateada.." E que eu con esa folclórica por aí, e sendo Arteixo como é.. amalgama de todo e de nada, e berce e mesa pepeira, a tentación era moita;) Digamos pois que foi o recanto escollido por Albertiño para reivindicar que sexa a Galiza a primeira en fixar un "teito de gasto", sempre indo á cabeza de todo canto niguén quere ser cabeza e cola obrigada de todo canto querería ser cabeza até o menos sensato. |
E logo o teño nesta fotiño dicindo que non entende... entón entranme unhas tremendas e vocacionais ganiñas de facerlle un mapa, claro, sempre e cando o mapa leve tesouro como recompensa.
Ouro non me dará, subvención penso que tampouco... logo a satisfacción persoal será a miña recompensa.
O do teito do gasto veuno dicir na súa primeira intervención pública desde que se coñeceu o pacto entre PP e PSOE, este sábado nun acto celebrado polo Partido Popular en Arteixo, onde asegurou que o Partido Popular "non deixará para mañá a tarefa de construír un futuro responsable".
"Para ser responsable economicamente, Galicia non necesita que saia especificamente na Constitución ou esperar ao 2018 ou 2020". Feijoo dixit
Agora vexamos o mapa, será que a subordinación é tal que despois de ser os que menos gañamos temos que ser os primeiros recurtando?
Será que a calidade da nosa educación, da nosa sanidade, do noso benestar non importa? ou será que cre cegamente na máxima de que os últimos serán os primeiros? ... Máis ben coa orde invertida, os primeiros serán os últimos.
Tamén quedou no tinteiro do mapa unha preguntiña inocente, os recurtes que virán cos teitos.. son só para o pobo galego ou para alguén máis? e dentro da globalidade do pobo galego, está incluido o presidente? e o resto de cargos vehiculados co seu goberno e co seu partido?
"O futuro debe estar marcado pola austeridade (a nosa), pola educación aberta aos idiomas (agás o galego), pola aposta polos xenéricos (mentres seguro que se eles enferman xenéricos non usan), por eliminar duplicidades e cooperar entre administracións (ou centralizar), por un sistema financeiro saneado (veremos contas transparentes e públicas? ou a vós cos petos ben saneados?), polo control do déficit público (e saberán controlalo ou facelo aumentar?), pola estabilidade presupostaria e por establecer teitos de gasto,", proclamou Feijóo antes de asegurar que estes aspectos xa foron introducidos "hai tempo en Galicia.
Pois así nos loce o pelo na Galiza!!!
Total, que seguiremos anticipándonos ao futuro!!!


Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame

Comentarios
O que non me parecería tan ben. Eliminar servizos básicos ao conxunto da cidadanía a conta de manter a financiación de privilexios aos que máis ten... como se está facendo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.