![]() |
O vindeiro martes 4 de outubro ás 20.00 h. no Café Bar A Medusa (Santiago), Axóuxere Editora presentará o libro Inmanencia Viral, do ensaísta mexicano Fausto Alzati, inaugurando deste xeito tamén a nova colección Polimnia. Cadernos de combate, centrada en textos de pensamento crítico contemporáneo de carácter breve, e na que sededicará especial atención a novas voces do ámbito galego e internacional. |
Fausto Alzati Fernández (México DF, 1979), ensaísta adicado á análise da cultura através das perspectivas da filosofía, a psicanálise e o budismo, é autor de Inmanencia Viral, colección de ensaios publicada no Fondo Editorial Tierra Adentro (México, 2009), colaborador habitual de publicacións como Milenio Semanal, Reforma, Umelec e Fractal, entre outras, e desenvolve o blogue Al Servicio de Quizás . Graduado na Universidad de
Naropa en Relixións Comparadas, é tamén profesor de Teoría da Relixión, no Centro deEstudios Críticos 17. Os seus textos téñense traducido para o checo, alemán, inglés egalego-portugués.
No grupo de ensaios que compoñen esta edición galega de Inmanencia Viral, o autor, dende a múltiple perspectiva e paralaxes da filosofía, o budismo e a psicanálise, desenvolve unha lúcida análise crítica do devir contemporáneo, facendo unha inmersiónprofunda nos tópicos da cultura pop, a industria do porno, o punk, a realidade virtual eoutros submundos a través dos cales zumega a orde epistemolóxica imperante, o relatodo poder e as súas tramas de control subxacentes. Con linguaxe fluída e certa ironía,
Fausto Alzati mergúllanos, dende a súa experiencia como usuario e consumidor, mais tamén como un prófugo da cultura trash, nunha viaxe a través do filtro co que ollamos arealidade, indaga ese filtro e convídanos a observar criticamente o alleamento da estéticabaleirada de ética, da presenza sen esencia, do habitar nunha superficie que, ao cabo, nos habita.
Axóuxere, proxecto editorial configurado por un grupo aberto de creadores independentes, que comezou a súa andaina o pasado mes de xuño coa presentación dedous títulos (TAZ. Zona Temporalmente Autónoma —de Hakim Bey— e Chamamento — texto anónimo aparecido en Francia en 2003—) da Colección Clío, abre así a porta aPolimnia. Cadernos de Combate, nova colección que, seguindo na liña do pensamento,
pretende ser canle para unha xeira de novas voces críticas que abranxe tanto o ámbitogalego como o internacional, impulsando así dende Galiza a creación dun tecido polifónico que xere de seu novas perspectivas e puntos de análise da contemporaneidade.
Próximos títulos:
Colección Polimnia. Cadernos de combate
! Formas da indefinición ! Ignacio Castro Rey
! Invocación da multitude! Antón Fernández de Rota
Colección Clío
! Bolo .Bolo! P.M.
! Comunalidadee autonomía Jaime Martínez Luna
Colección Calíope
! Cartas contra a guerra!
Tiziano Terzani



Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame
