MundoGaliza

Se Polanco levantase a cabeza

( 3 Votos )
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
  En PRISA non gañan para desgustos. En marzo de 2009 expira o prazo para aboar os 1.950 millóns de euros correspondentes ao préstamo pola OPA sobre SOGECABLE, concedido polo banco inglés HSBC, e no que participan La Caixa, Caja Madrid e Banesto. 
O problema é moito máis grave, a débeda total do grupo PRISA supera os 5.000 millóns de euros e a compañía vale hoxe só 725 millóns de euros por capitalización bursátil.

A grande esperanza é a venda de DIGITAL + mais tamén presenta serias dificultades. O banco de investimentos suizo UBS emitiu un informe no que valora a DIGITAL + en 2.100 millóns de euros, cifra moi afastada dos 3.500 que PRISA se fixara como obxectivo. 

UBS apunta como alternativa para completar as necesidades financeiras a venda de SANTILLANA, por uns 1.300 millóns de euros (entre os interesados estarían Pearson e Bertelsmann) e a venda de LOCALIA.

Ademais, o buque insignia, o diario EL PAÍS está perdendo lectores e hai desastrosos resultados da canle CUATRO e a perda de abonados a CANAL + (só bos resultados na radio).

Quen pode ser "O Salvador" para parar este desmantelamento do "Imperio" PRISA?

Zapatero. O recentemente creado Fondo de Adquisición de Activos Financeiros no que será decisivo o criterio do Goberno á hora de comprar créditos, como o de PRISA.
 

 

Comentarios  

0 Anxo D 14/11/2008 04:29
Polanco foise no mellor momento. O que se perde ún por ir a outro barrio. De seguir na súa cadeira de coiro, hoxe despediría a un bó número de traballadores sen tremar sequera e durmindo ben toda-la noite.
Saúdos en crise total.
Responder Responder cunha cita Citar

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar




sys