Belén Gómez
|
Sábado, 04 de Agosto do 2007 |
Belén Gómez
Se circulades pola estrada N-550 á altura de Mesón do Vento (ou Bento se nos guiamos pola etimoloxía, xa que non é o aire en movemento), no concello de Ordes, observaredes que se están a realizar obras ao longo da estrada: beirarrúas e dúas rotondas, unha delas na confluencia do vial que leva a Betanzos coa N-550, e a segunda no cruce desta mesma coa comarcal que vai a Cerceda.