|
Redacción MundoGaliza
|
Domingo, 06 de Abril do 2008 |
Comunicación
|
|
A Asociación de Gaiteiros Galegos presentou onte o libro-CD-DVD
'Pelo Gato 24', que pretende ser unha ferramenta docente, para a
recuperación e difusión entre os nenos, do patrimonio cultural oral
galego.
|
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Sábado, 05 de Abril do 2008 |
Comunicación
|
 |
O Centro Ramón Piñeiro presentou na parroquia de Moscoso, na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén, a recompilación 'Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral', que conta con 2.618 refráns, 667 cantigas e 71 contos. Ademais, tamén aparece algún material fraseolóxico, como ditos ou 'comparacións' (locucións) e 'pragas' (fórmulas de maldición). |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Venres, 04 de Abril do 2008 |
Comunicación
|
 |
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acollerá hoxe e o sábado unhas xornadas sobre lingua e literatura galegas, nas que participarán profesores e escritores, ademais de expertos na materia, e que está organizada polo sindicato CIG e a Asociación Sociopedagóxica Galega. |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Xoves, 03 de Abril do 2008 |
Comunicación
|
 |
A ilustradora e deseñadora arxentina Natalia Colombo gañou o I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka, coa obra titulada "Cerca". O galardón ten unha dotación económica de 12.000 euros e o libro será publicado a finais deste mesmo ano por Kalandraka, nas cinco linguas peninsulares. O xurado valorou un total de 335 traballos procedentes de numerosos países, entre os que se escolleu "Cerca" pola relación "perfectamente trenzada" entre relato e imaxes, que "narran, flúen e evolucionan". |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Mércores, 02 de Abril do 2008 |
Comunicación
|
 |
A Fundación Via Galego vai xuntar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 11 de abril a unha das bandas máis consolidadas e de máis éxito do mercado portugués, Da Weasel, cunha das novas promesas da escena musical galega: Malandrómeda. |
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|