FEIJÓO
" Galicia non merece unha ministra como Magdalena Álvarez nin en Fomento nin en ningún outro ministerio. Os ministros galegos -César Antonio Molina, en Cultura; Elena Espinosa, en Agricultura; e Elena Salgado, en Administraciones Públicas- nada fixeron por Galicia e son responsables do canon dixital, da redución da cota láctea e da paralización das transferencias do Goberno á comunidade. "
BALTAR
" José Luis Baltar acusou ao PSOE de utilizar todo o que lles pode servir para gañar as eleccións e vinculou a vitoria socialista do 9-M co atentado de ETA. Tamén cargou contra Patxi López: 'debería estar a pedir desculpas por dicir parvadas que están totalmente fose de lugar'. "
" Non esquecerá nunca que rompeu o consenso parlamentario se PSdeG e BNG manteñen o seu acordo de repartir os senadores. Se o Goberno non quere consensos senón cercenar os dereitos democráticos, é evidente que este goberno quere cercenar as posibilidades de acordos e de consensos para solucionar os problemas dos galegos. "
RAJOY
" O contrato de integración afectará a todo aquel inmigrante que queira obter un permiso superior a un ano de residencia en España e que incluirá o requisito de regresar ao seu país se durante un tempo non logra atopar emprego. Nunca haberá máis regularizacións masivas. En España non se vai a poder entrar ilegalmente. "
" Manteño o que dixen, que o señor Zapatero agrediu ás vítimas do terrorismo. Mantéñoo, que quede claro. "
" (Falando de Sarkozy e Bruni) As opinións son libres, que quere que lle diga...Eu nese sentido, para ben ou para mal segundo os xuízos, son máis clásico, son de Pontevedra. En Galicia somos como somos. "
AZNAR
" (Falando de Zapatero) Un gobernante que enganou conscientemente aos cidadáns en algo tan importante como negociar políticamente cos terroristas, queda inhabilitado para seguir gobernando. "
" Os nacionalistas galegos o único que defenden son os seus propios intereses, dá verdadeiro pavor que esteamos en mans duns personaxes como estes. "
" Vosotros sufristeis lo que se prohibía en ese momento que era hablar gallego en las escuelas, no podemos caer en el error de que ahora nos prohiban hablar castellano en las escuelas. "