
|
Redacción MundoGaliza
|
Venres, 13 de Xuño do 2008 |
 |
Anualmente pasan uns 45.000 buques polo Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra, 15.000 deles con mercadorías perigosas. Así, o comunicou o Goberno central ao voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera.
O parlamentario nacionalista dirixiuse ao Goberno para preguntarlle por estes datos e para coñecer se hai tránsito de barcos con residuos nucleares. Ao respecto, tamén pretendía ter información sobre o tipo de controis se realizan e cantos destes barcos atracaron en portos galegos.
|
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Xoves, 12 de Xuño do 2008 |
|
O Cabo Primeiro da Armada, José Enrique Dopico Lorenzo, declarou
ante o Xuíz Togado Militar da Coruña, que trala explosión da caldeira
da Fragata Extremadura en decembro de 2005 na que morreron dous
mariños, o documento que demostraba que o accidente "se podía evitar"
desapareceu despois de ser entregado aos responsables da Armada que
realizaron a investigación interna.
|
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Mércores, 11 de Xuño do 2008 |
|
O sindicato CIG estuda presentar unha querela criminal contra a
construtora Eshor, por "atentado contra o dereito dos traballadores",
ante os casos de "explotación laboral a inmigrantes" que se producen na
empresa con sede no polígono Vilar do Colo de Fene (A Coruña), que
conta cun equipo de case 500 operarios.
|
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Martes, 10 de Xuño do 2008 |
 |
A Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón desmantelou unha organización de pelexas ilegais de galos, que se realizaban nunha vivenda abandonada na rúa Xosé Loura Barcia de Ferrol, na que se localizou máis dunha trintena de gaiolas con galos. |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Sábado, 07 de Xuño do 2008 |
|
Tras entregar 21.000
sinaturas reclamando a creación do
Parque Natural do Courel, e logo de realizar distintas accións de información
dirixidas a poboación local, as entidades que asinan este escrito instan a
Consellería a cumprir os prazos que ela mesma fixou para a presentación do proxecto
do Parque Natural.
|
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|