Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Economía
O número de parados baixou en marzo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 02 de Abril do 2008   |   Economía
euros O número de parados rexistrados na Galiza o pasado marzo baixou en 1.648 persoas con respecto ao mes anterior, un 1,02 por cento, co que a cifra total de desempregados se sitúa en 160.160. Esta queda do paro racha cunha tendencia de sete meses consecutivos subindo, desde agosto de 2007. 
 
Inditex gañou 1.250 millóns de euros en 2007 Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 31 de Marzo do 2008   |   Economía
amancio-ortega Inditex rexistrou un beneficio neto de 1.250 millóns de euros durante o seu exercicio fiscal 2007-2008 (do 1 de febreiro de 2007 ao 31 de xaneiro de 2008), o que supón un incremento do 25% respecto ao ano anterior, segundo informou hoxe o grupo.

As vendas situáronse en 9.435 millóns de euros, o que representa un incremento do 15%, impulsadas pola moi boa evolución das vendas en tendas comparables, que foi do 5% no conxunto do exercicio, como pola nova superficie comercial, con 560 aperturas netas. 

 
Renda per cápita por baixo da media estatal Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 28 de Marzo do 2008   |   Economía
euros A renda media anual per capita dos galegos en 2007 situouse en 19.800 euros, a quinta máis baixa do estado ao situarse a 4.900 euros da renda per cápita europea e a 3.500 euros da media española
 
Sen acordos na Mesa do Leite Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 27 de Marzo do 2008   |   Economía
leite A reunión da Mesa do Leite finalizou, tras cinco horas de negociación, sen un acordo entre as industrias lácteas e os tres sindicatos agrarios (Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores) acerca do prezo medio anual de referencia.
 
Dividendo de 0,6 euros por acción de Adolfo Domínguez Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 26 de Marzo do 2008   |   Economía
adolfo Adolfo Domínguez anunciou onte que proporá á súa xunta xeral de accionistas o pagamento dun dividendo de 0,6 euros por acción a conta dos resultados de 2007. 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Image