Redacción MundoGaliza
|
Domingo, 11 de Maio do 2008 |
Cultura
Son xa 265 as entidades de diferente tipo que subscriben o manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego”, no cal se convoca ao conxunto da sociedade a mobilizarse en defensa do idioma do país o próximo domingo 18 de maio en Santiago de Compostela. A Mesa chama a que “nas rúas de Santiago se dea cita unha marea cívica contundente que reclame o dereito elemental a poder expresarse e recibir información en galego en todos os ámbitos da vida”.
Os apoios ao manifesto de convocatoria están aínda abertos e poden achegarse a través dun formulario en liña na páxina web da Mesa (www.amesanl.org).
Redacción MundoGaliza
|
Venres, 09 de Maio do 2008 |
Cultura
Cento noventa equipos de normalización lingüística dos centros de ensino galegos presentarán a súa dimisión se non hai un cambio de rumbo na Consellaría de Educación para aplicar o actual decreto de promoción do noso idioma no ensino non universitario.
Redacción MundoGaliza
|
Xoves, 08 de Maio do 2008 |
Cultura
Os libreiros da Galiza reclamaron á Consellaría de Educación que dea marcha atrás e cambie o sistema de gratuidade de libros de texto actual de empréstito por unha axuda directa as familias, que sexa proporcional á renda e canxeable mediante un bono-libro ou tarxeta electrónica.
Redacción MundoGaliza
|
Martes, 06 de Maio do 2008 |
Cultura
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de estrear o filme documentario 'Galiza somos. A lingua en movemento', producido pola propia asociación e concibido como “unha mostra da vulneración dos dereitos lingüísticos na nosa historia recente”. A presentación deste documentario realízase dentro da campaña para a mobilización nacional do 18 de maio en defensa do dereito a vivir en galego.
Redacción MundoGaliza
|
Luns, 05 de Maio do 2008 |
Cultura
O grupo de música tradicional galega 'Ialma' presentará o próximo venres, 9 de maio, no Teatro Molière de Bruselas (Bélxica) ás 20.00 horas, un espectáculo de danza baixo o nome de '100 voltas', baseado no diálogo intercultural.