Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Cultura
Pintar a lingua de azul Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 28 de Abril do 2008   |   Cultura
rapaz A Mesa pola Normalización Lingüística presentou hoxe o material que comezou a distribuír con motivo do Día das Letras Galegas polo que insta a toda a sociedade a pintarse a lingua de azul o próximo 18 de maio, xornada na que celebrará unha manifestación en Santiago de Compostela polo "dereito a vivir en galego". 
 
Veto ao cinema en galego nas salas comerciais de Santiago Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 25 de Abril do 2008   |   Cultura
pradolongo

A Mesa pola Normalización Lingüística anima toda a cidadanía a acudir ás proxeccións do filme Pradolongo, de Ignacio Vilar, rodado integramente en galego e con capital galego, que se celebrarán este sábado, domingo e segunda feira (luns) no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A asociación en defensa da lingua denuncia que a capital de Galiza se vai converter na única cidade do país na que a longametraxe non se estree en salas comerciais. Isto é debido á negativa das mesmas a proxectar este filme, a pesar do enorme éxito de público que está a obter en todos os cinemas nos que se estreou.

 
Críticas contra o rascuño do novo bacharelato Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 24 de Abril do 2008   |   Cultura
alberte_ansede O secretario de Organización do BNG, Alberte Ansede, asegurou que o BNG "comparte" as críticas de diversos sectores da comunidade educativa ao rascuño do decreto sobre o currículo de bacharelato, elaborado pola Consellaría de Educación, á que esixiu que abra un proceso de "diálogo" cos sectores afectados
 
Fomentar a presenza do libro galego na Arxentina Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 23 de Abril do 2008   |   Cultura
kalandraka- KALANDRAKA celebra este 23 de abril -Día do Libro- participando na XXXIV Feira Internacional do Libro de Bos Aires, onde o director da editorial, Xosé Ballesteros, se reuniu por primeira vez coa gañadora do I Premio Compostela para Álbums Ilustrados, Natalia Colombo.
 
Vantaxes do plurilingüismo educativo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 23 de Abril do 2008   |   Cultura
escola A Universidade de Vigo puxo en marcha unha campaña informativa para explicar as vantaxes do plurilingüismo na educación e, no marco desta iniciativa, profesores de sociolingüística da entidade académica ofrecerán charlas divulgativas en centros de ensino primario e secundario, para docentes, para asociacións de pais e nais, ou para estudantes
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Image