Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Cultura
A Xustiza continúa a vulnerar os dereitos lingüísticos Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 14 de Abril do 2008   |   Cultura
amesa A escolla persoal de empregar a lingua galega no eido da Xustiza supón sempre unha dilación das causas para os cidadáns e un duplo esforzo para os funcionarios. Así se indica no relatorio elaborado polo Observatorio de Dereitos Lingüísticos da Mesa pola Normalización Lingüística, presentado en Santiago. Todas as demandas para aumentar o uso do galego neste campo e “garantir os dereitos lingüísticos de todas e todos perante a Administración de Xustiza” estarán presentes na manifestación do 18 de maio “Polo dereito a vivirmos en galego”.
 
O galego nos medios de comunicación Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 14 de Abril do 2008   |   Cultura
prensa
A Comisión Institucional do Parlamento debaterá mañá a utilización do galego nos medios de comunicación e a distribución das subvencións que outorga a Xunta, ao respecto, en virtude dunha iniciativa do BNG.
 
O PPdeG pide oposicións sen galego Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 12 de Abril do 2008   |   Cultura
manuela_lopez_besteiro A voceira de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, pediu á Xunta que anule a norma recentemente publicada, que obrigará a efectuar exclusivamente en galego as dúas probas das oposicións para persoal docente, e que permita aos opositores elixir o idioma no que prefiren expresarse, unha vez que acrediten o seu coñecemento de galego. 
 
Um tribunal compostelano quer obrigar a traduzir um documento escrito em galego reintegrado Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 10 de Abril do 2008   |   Cultura
nos2 O Tribunal de 1ª Instáncia nº 1 de Compostela dirigiu-se a NÓS-Unidade Popular para reclamar a “traduçom” de um documento escrito em galego reintegrado, seguindo o padrom proposto pola AGAL, considerando que nom está escrito em nengumha das duas línguas oficiais na Comunidade Autónoma da Galiza.
 
Programa de radio centrado no patrimonio Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 08 de Abril do 2008   |   Cultura
galipor Alumnos dun total de 90 centros educativos da Galiza e do norte de Portugal participarán o 6 de xuño en Vigo nun programa de radio, cos seus traballos sobre patrimonio. A iniciativa, que está organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), conta coa colaboración da asociación 'Ponte...nas ondas', que celebra este ano a XIV xornada de radio interescolar. 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Image