Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Cultura
Normalización lingüística sen axudas Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 31 de Marzo do 2008   |   Cultura
galizacig A central sindical CIG cifrou hoxe nuns cen os equipos de normalización lingüística que solicitaron axudas escolares que quedaron sen subvención "por culpa dunha aplicación moi estrita, que non se corresponde cos criterios seguidos en cursos anteriores", pola Xunta. 
 
Uso do galego na USC Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 28 de Marzo do 2008   |   Cultura
xeografia O Servizo de Normalización Lingüística e a Vicerrectoría de Cultura da Universidade de Santiago (USC) promoveron a elaboración de 17 guías que permitirán "revisar, avaliar e ser moi transparentes" na oferta docente aos estudantes, así como abrir un espazo de crítica conxunta e contribuír ao uso do galego.
 
XII edición dos Premios María Casares Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 26 de Marzo do 2008   |   Cultura
maria_casares O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o xoves, aproveitando o Día Mundial do Teatro, a gala da de XII edición dos Premios María Casares, nos que se entregarán os galardóns aos gañadores de cada unha das 13 modalidades, así como o premio de honra que este ano recae en Rubén García, promotor da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. 
 
Os 'Premios Nacionais da Cultura Galega' dotados con 150.000 euros Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 25 de Marzo do 2008   |   Cultura
bandeira2 A Consellaría de Cultura crea os 'Premios Nacionais da Cultura Galega' con dez categorías dotadas cada unha con 15.000 euros. Un xurado, integrado por 15 membros do mundo da cultura da Galiza, fallará en xuño a partir das candidaturas que se formulen no prazo dun mes a partir de hoxe. 
 
Poemas de Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 22 de Marzo do 2008   |   Cultura
libros Faktoría K presenta unha nova iniciativa editorial, 'Trece Lúas', que consiste na edición de dúas seleccións poéticas de Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro con ilustracións de Belén Padrón e Baldo Ramos, respectivamente, con motivo do Día Mundial da Poesía. 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Image