Redacción MundoGaliza
|
Martes, 18 de Marzo do 2008 |
Cultura
A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza notificou á Consellaría de Cultura e Deporte a resolución favorable ao recurso contencioso administrativo interposto polo letrado da Xunta, solicitando a entrada no Pazo de Meirás, propiedade da familia Franco Polo.
Redacción MundoGaliza
|
Martes, 18 de Marzo do 2008 |
Cultura
Un ano máis, A Mesa pola Normalización Lingüísticadenunciou, no transcurso dunha conferencia de imprensa celebrada na Galería Sargadelos de Ferrol, a total ausencia da lingua galega en todas as actividades vinculadas coa Semana Santa desta cidade, declarada de Interese Turístico e das máis significativas de cantas se celebran nas vilas e cidades galegas.
Redacción MundoGaliza
|
Domingo, 16 de Marzo do 2008 |
Cultura
O voceiro de Lingua del Grupo Parlamentar do BNG, Bieito Lobeira, solicitou ao Executivo galego que poña en marcha medidas para fomentar o uso de nomes en galego e para recuperar os apelidos neste idioma "que foron deturpados" por influencia do castelán.
Redacción MundoGaliza
|
Xoves, 13 de Marzo do 2008 |
Cultura
A CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ofreceron esta mañá en Santiago unha conferencia de imprensa conxunta na que máis unha vez lle reclamaron á Consellaría de Educación que faga cumprir o Decreto 124/2007, que regula o uso e a promoción do galego no ensino, ante o “incumprimento masivo” que as tres organizacións veñen denunciando desde o comezo do curso escolar.
Redacción MundoGaliza
|
Mércores, 12 de Marzo do 2008 |
Cultura
A asociación Galicia Bilingüe denunciou hoxe que A Mesa pola Normalización Lingüística se "entremete" nos labores da Inspección da Consellaría de Educación ao "expedientar" centros escolares por "incumprir o decreto de normalización do galego no ensino".