Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Cultura
Dimitirán 190 equipos de Normalización Lingüística? Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 09 de Maio do 2008   |   Cultura
amesa Cento noventa equipos de normalización lingüística dos centros de ensino galegos presentarán a súa dimisión se non hai un cambio de rumbo na Consellaría de Educación para aplicar o actual decreto de promoción do noso idioma no ensino non universitario.
 
Os libreiros piden a Educación que dea marcha atrás Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 08 de Maio do 2008   |   Cultura
escola Os libreiros da Galiza reclamaron á Consellaría de Educación que dea marcha atrás e cambie o sistema de gratuidade de libros de texto actual de empréstito por unha axuda directa as familias, que sexa proporcional á renda e canxeable mediante un bono-libro ou tarxeta electrónica.
 
'Galiza somos. A lingua en movemento' Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 06 de Maio do 2008   |   Cultura
amesa A Mesa pola Normalización Lingüística vén de estrear o filme documentario 'Galiza somos. A lingua en movemento', producido pola propia asociación e concibido como “unha mostra da vulneración dos dereitos lingüísticos na nosa historia recente”. A presentación deste documentario realízase dentro da campaña para a mobilización nacional do 18 de maio en defensa do dereito a vivir en galego.
 
'Ialma' presenta un espectáculo de danza en Bruxelas Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 05 de Maio do 2008   |   Cultura
ialma O grupo de música tradicional galega 'Ialma' presentará o próximo venres, 9 de maio, no Teatro Molière de Bruselas (Bélxica) ás 20.00 horas, un espectáculo de danza baixo o nome de '100 voltas', baseado no diálogo intercultural. 
 
A Consellaría de Educación non dialoga Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 29 de Abril do 2008   |   Cultura
escola Milleiros de profesores e alumnos mobilizáronse en Santiago de Compostela en contra do anteproxecto de borrador de Bachillerato e para reclamar "diálogo" á Consellaría de Educación. A CIG, convocante da protesta, cifra en 4.000 os manifestantes e fala dun seguimiento do 75% da folga entre os profesores de Educación Física e Filosofía e de "un amplo respaldo" no conxunto do profesorado.  
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Image