Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Sociedade
Os promotores galegos rexeitan as Normas do Hábitat Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 17 de Abril do 2008   |   Sociedade
vivendaoficial O vicepresidente dos promotores galegos, David Vilela, expresou onte o rexeitamento do sector ao Decreto de Normas do Hábitat galego, que impulsa a Consellaría de Vivenda, xa que estimou que suporá un encarecemento da vivenda do 25%
 
310 prazas en campamentos para mozos con minusvalía Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 16 de Abril do 2008   |   Sociedade
quintanacasa
A Vicepresidencia da Xunta, a través da Secretaría Xeral de Benestar e a Dirección Xeral de Xuventude, ofrece este ano 310 prazas en campamentos de verán para novos con minusvalía. En concreto, haberá 90 prazas de integración en campamentos dirixidos a novos en xeral, xunto con 220 en campamentos específicos.
 
Dicionario Galego de Construcción Naval Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 15 de Abril do 2008   |   Sociedade
libros A delegación galega do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos presentou no Museo do Mar de Vigo o 'Dicionario Galego de Construción Naval', un volume con máis de 2.000 voces relacionadas con esta actividade, e que conta con edición escrita e en Internet. 
 
Vacas autóctonas en perigo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 14 de Abril do 2008   |   Sociedade
vacas
A realidade da cabana bovina da Galiza revela non só que non é certa a cifra literaria de Manolo Rivas de 'Un millón de vacas' -nos campos galegos só pastan 400.000- senón que, contrario á crenza estendida, a 'Rubia galega' non é a súa única raza autóctona, aínda que poida parecelo polas súas 200.000 reses. Así, debe compartir esta orixe de pureza con outras cinco: 'cachena', 'caldelá', 'frieiresa', 'limiá' e 'vianesa'. Menos coñecidas, con todo, porque entre todas elas non superan as 6.000 cabezas e, xa que logo, están en perigo de extinción.
 
Sabotaxe a Leite Río Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 11 de Abril do 2008   |   Sociedade
leite As rutas de recollida de Leite Río por Silleda, Frades, Mesía e Palas de Rei foron sabotadas, despois de que uns descoñecidos aproveitasen a ausencia dos condutores dos camións cisterna para derramar os 40.000 litros de leite que portaban os colectores. Ademais, algúns dos vehículos apareceron coas rodas picadas e con pintadas nas que se podía ler "ladróns". 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Image