|
Redacción MundoGaliza
|
Venres, 04 de Abril do 2008 |
Sociedade
|
 |
A Asociación de Gaiteiros Galegos celebra o vindeiro sábado 5 de abril as Xornadas sobre o Réxime Laboral e Fiscal para Actividades Artísticas. A actividade levarase a cabo na Aula Sociocultural da Fundación Caixa Galicia, situada na Rúa Médico Rodriguez da capital herculina, cun horario de 10:00 a 14:00 horas. Un profesional da empresa de xestión e formación Algalia analizará as relacións a nivel fiscal e laboral que se producen entre os promotores de eventos culturais e os artistas musicais, ademais de establecer os diferentes marcos legais de cada relación. |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Xoves, 03 de Abril do 2008 |
Sociedade
|
 |
Os decanos dos colexios de avogados e procuradores de Pontevedra, Eloy Artime e José Portela Leirós, respectivamente, xulgaron como un "erro" o compromiso da Xunta para dotar á cidade de Vigo dun Xulgado do Mercantil. |
 |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Mércores, 02 de Abril do 2008 |
Sociedade
|
 |
O pasado mércores día 26 de marzo celebrábase o xuízo por vulneración de dereitos fundamentais contra a empresa de Negreira Transportes Manuel Rial S.L. Segundo a sentenza, que se fixo pública -luns día 31 de marzo-, considérase probada tal vulneración polo que se condena á empresa ao cese inmediato do seu comportamento repoñendo aos traballadores na integridade dos seus dereitos e a pagar unha cantidade en concepto de indemnización. |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Luns, 31 de Marzo do 2008 |
Sociedade
|
|
|
| O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reclamou apartar os "focos da controversia" sobre os 'poboados de transición', que o seu departamento ten previsto crear para facilitar a integración de familias de etnia xitana procedentes de chabolas, porque senón é "tremendamente difícil que teñan éxito". |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Sábado, 29 de Marzo do 2008 |
Sociedade
|
 |
O representante da sección da Mar da FGAMT-CIG, Xabier Aboi, presentou, acompañado polo procurador da central sindical, unha ‘querela criminal por homicidio imprudente e contra os dereitos dos traballadores’, no xulgado nº 2 de Instrución de Ferrol, onde se están a instruír as dilixencias previas nº 269/2008, do afundimento do barco “Cordero”, o día 15 de xaneiro de 2008 na costa ferrolá. |
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|