Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Sociedade
O cinismo do PP Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 28 de Marzo do 2008   |   Sociedade
areosa A Consellaría de Medio Ambiente replicou que o vertedoiro de Areosa, en Cerceda (A Coruña), cualificado de "ilegal" por parte do deputado popular Jaime Castiñeiras, foi construído en 1993, cando gobernaba o PP, polo que acusou á oposición de "cinismo". 
 
Adolfo Campos segue de alcalde Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 27 de Marzo do 2008   |   Sociedade
alcaldedozon A funcionaria do Concello de Dozón (Pontevedra) Ana Lois, que denunciou ser sometida a acoso laboral por parte do alcalde do municipio, Adolfo Campos, e que obtivo unha sentenza favorable, solicitou "amparo" á Xunta e ao Parlamento galego para que actúen contra o rexedor local, condenado a nove anos de inhabilitación por prevaricación. Tamén solicitou á dirección do PP a nível autonómico e estatal que aparten a Campos da alcaldía. 
 
Mellora a reserva dos encoros galegos Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 26 de Marzo do 2008   |   Sociedade
fervenza
A reserva hidráulica dos encoros que abastecen a Galiza supera o 52 por cento da súa capacidade, o que significa case un punto máis que hai unha semana. Deste xeito, a auga embalsada de Galiza Costa alcanza o 51,8 por cento e a de Norte I (sur da Galiza e norte de León) atópase no 54 por cento
 
Menos ocupación hoteleira na Semana Santa Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 24 de Marzo do 2008   |   Sociedade
ribadeo_2 A media de ocupación dos establecementos hoteleiros da Galiza foi dun 67,2% durante a Semana Santa, case oito puntos por baixo da rexistrada en 2007 -un 75 por cento-, segundo datos da Confederación de Empresarios de Hostalaría da Galiza. 
 
Galiza perderá poboación Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 24 de Marzo do 2008   |   Sociedade
bandeira2
O Instituto Nacional de Estatística cifra en algo máis de 45 millóns de persoas a poboación actual de España, e prevé que aumente en 2,7 millóns durante os próximos dez anos, un período no que a Galiza perderá uns 32.000 habitantes, e o seu censo superará por pouco os 2,6 millóns de residentes.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Image