
| Municipais |
|
|
| F. X. Castiñeira | Luns, 28 de Maio do 2007 | Sinaturas - F. X. Castiñeira | |||
|
A campaña madrileña tivo os seus ecos en Galiza e levou á polarización dos resultados electorais entre os dous grandes partidos. O BNG, pola súa parte, a pesar de mellorar resultados nas vilas e empeoralos nas cidades, sufriu os efectos deste efecto Madrid. Con todo, dous casos chaman a atención: Ferrol e Pontevedra. Na primeira, a planta de gas estourou na beira da ría de Ferrol e salvou na beira mugardesa. Difícil de entender, tendo en conta que o Bloque foi o que máis fixo por impulsar a construcción naval na zona, a pesar do PSOE, gran beneficiado xunto con EU. En Pontevedra, as celulosas pasaron factura a Lores que deixará dentro de catro anos unha cidade máis limpa para a construcción de Telmo Martín, a non ser que este alcalde exportable vaia a outros concellos a salvar ao PPdeG. Polo resto todo segue igual, excepto a famosa Deputación de Lugo. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|