
| Aguirre e Gallardón toman posicións |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Domingo, 03 de Xuño do 2007 | Estatal | |||
Fronte a eles, e máis próximos a Aguirre, situaríanse Castela-A Mancha, Murcia, A Rioxa, Castela e León, o País Vasco, Estremadura, Canarias, Asturias e, obviamente, Madrid. Os respaldos rexionais implican delegados para un congreso nacional. Formalmente, debería ser en outubro, pero a maioría dos dirixentes empeza a apostar abertamente por atrasalo até logo das eleccións. A chave de todo está na decisión de Rajoy de colocar ou non a Gallardón na lista ao Congreso por Madrid, non necesariamente de número dous. Aí decídese todo, porque estar na Cámara baixa significa poder aspirar á sucesión se hai derrota. Aguirre, mentres tanto, move as súas pezas para impedir que Gallardón chegue ao Congreso. Iso daríalle a el un plus, porque podería compaxinar, como fixo o socialista Francisco Vázquez durante anos, a alcaldía e o escano. Ela, como presidenta autonómica, non podería. Tería que demitir, algo impensable porque perdería o seu poder. Nesa batalla por lograr un posto no Congreso, Gallardón podería contar, segundo fontes da dirección, cun apoio inesperado: o do propio Aznar, que deixaría vía libre á alcaldía para Ana Botella, a muller do presidente de honra do PP. Produciráse unha sucesión tralas eleccións? Se os inquéritos non lles son favorables substituírán a Rajoy? Se cambian líder perderán ou gañarán máis votos? |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|