
| Bonjour mes amis |
|
|
| Victoria Díaz | Martes, 05 de Xuño do 2007 | Sinaturas - Victoria Díaz | |||
Ás veces pregúntanme pola miña idade, outras se son de aquí. É un dos praceres da miña vida cotiá, ver que poden facer unha boa compra no supermercado logo de pasar mil calamidades, ao fin a salvo. "Nous sont au Senegal" dixéronme hai pouco dous mozos. Falamos un intre sobre as súas nais, que están loitando por que non se marchen a esa terrible aventura de cruzar o mar nun caiuco.Eu son nai de dous fillos, non llo que faría se un deles falecese, pero seguro que non tería as agallas das nais do Senegal. "Díxenlles que non podiamos estar sempre chorando, porque dese xeito só lograriamos ser aínda máis pobres. Non creo que este ano cheguen a Canarias menos botes que no ano 2006, pero faremos o imposible para que iso ocorra". Yaye Bayem Diouf (1)
Aínda seguen chegando e morrendo os mozos do África do sur de Sahara. Morren como morreron os nosos emigrantes galegos,... cando saían cara a América cun pedazo de pan duro e algo de unto (2) debaixo do brazo. Os canarios ían en barcos de madeira ata as costas de Venezuela. Que levarían para comer? Algo de améndoa e mel ("ben me sabe").E de beber?... que beberían as nosas xentes? Cantos galegos, canarios, andaluces estarán no fondo do mar?Formaranse grupos de coral xunto co sangue negro que asucou os mares en barcos de escravos fretados por próceres coruñeses.? Si, os galegos fomos tratantes de escravos, así se forxou máis dunha fortuna, coa bandeira do porto de Coruña (3) Se todos preocupásemonos de saber un pouquiño máis de historia, só un pouquiño máis, evitariamos moitas discusións que, non teñen máis base que as crenzas de cada cal. Alégrome que os cidadáns do Senegal sexan acollidos na nosa terra, con amor e solidariedade, pero como agora temos medo de todo... Confesareilles que na súa maioría son mahometanos, que debemos respectar, se queremos que a nós, non confesionais, respéctennos. (4) "Os traficantes de xente non están dispostos a perder o seu negocio".
(1) Creadora da Asociación de Nais e Viúvas do Senegal, o seu único fillo morreu nun caiuco. (2) É a gordura ou graxa branca que cobre as tripas do intestino delgado do porco. (3) Lean, se lles gusta o tema, as investigacións de Luís Alonso Álvarez (Universidade de Coruña) e outros "A bandeira que hoxe vén usando a capricho é a matrícula do porto da Coruña (Branca, cunha faixa azul en diagonal) e a súa xurisdición non pasa máis aló da pena da Marola e do monte de San Pedro" Eladio Rodríguez [en carta a Couceiro con data de 16 de xuño de 1930]. http://www.celtiberia.net/articulo.asp?ide=2584
(4) Lema do Senegal: Um povo, unha meta, unha fe.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|