
| Calidade de vida |
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Mércores, 06 de Xuño do 2007 |
|
Moito falamos e falamos da toponimia da cidade de Coruña, pero levamos anos e anos cunhas beirarrúas, nalgúns casos, terceiromundistas, basta ver as rúas por onde vivo: Pla e Cancela, Ronda de Nelle ( ... e outras zonas estarán pior).
|
Lousas levantadas, fochancas, lousas con picos, etc, ou sexa un perigo constante para calquera que ten que utilizar as súas pernas para moverse pola cidade.
Agora escoito que chega unha nova partida económica para reparar o asfalto das rúas, parece máis importante atender que non sufran os coches que atender ás persoas.
Losada e Tello, pensade na mellora da calidade de vida para os cidadáns e deixadevos de dedicar tantos esforzos e tempo a debater se debe ser A Coruña ou La Coruña.
Francisco Martínez, cidadán e camiñante da Coruña. Que mora na Coruña, A Coruña city sen L.
|
| Seg. > |
|---|