 |
Chegamos ao derradeiro episodio deste case que eterno artigo, quixotada sen par que só remata nestas liñas, mais no mundo real aínda lle queda moito por andar porque hai xente moi perxudicada que non se resigna e que non acepta a "sorte" que lle "tocou". |
Algo que realmente molesta é a actitude "chulesca" e o incumprimento de promesas, feitas incluso en reunións públicas cos veciños.
Afirmaron en reiteradas ocasións que as fincas urbanas non se "concentraban" e que os frontes das fincas que lindaban con estradas ían ser respectadas tamén.
O certo é que o fixeron nuns casos e noutros non. A algún propietario restáronlle ata 20m de fronte, en zona edificable, co prexuízo económico que supón.
Mais o que non é concebible é a deixadez, a falta de interese na resolución de erros e problemas por parte dos funcionarios. É de recibo que alegacións presentadas en 2002 estean aínda sen resolver??
Asegúrovos que hai aínda fincas con problemas de dupla titularidade sen resolver ademais de gravísimos agravios comparativos.
O señor Suárez Canal, Conselleiro de Medio Rural, está demasiado ocupado en inauguracións, celebracións e reunións con outros políticos como para reibir a xente da rúa que non está ao seu nível. Como moito desvíate a funcionarios que, curiosamente, son os mesmos que te perxudicaron.
Estamos a pagar un soldo cada mes a un montón de funcionarios, desde o máis alto ao máis baixo, e como moito podemos aspirar a que nos reciba un xefe de servizo, aos demais temos acceso restrinxido a pesar de estalos mantendo.
En conclusión:
O 7 de novembro de 2006 entregáronse provisionalmente as novas fincas, dando o proceso por concluído. VAI FINAL!!!!
Aínda restan marcos por colocar, fincas que non teñen acceso... Cada propietario debe pagar un perito privado para comprobar que as fincas que reciben teñen a superficie que aparece nas fichas que entrega a administración, onde figura a estensión, clasificación e localización das novas fincas.
En contra da finalidade da concentración, que é naturalmente formar fincas de maior estensión para erradicar o minifundismo, coñezo, cando menos, un caso onde as fincas adxudicadas son de inferior capacidade que as aportadas nun principio.
Mentres a lei de Concentración no seu título primeiro, disposicións xerais, artigo 5, punto 12, di: "adxudicar a cada propietario en coto redondo, en lugar acasarado unha superficie de apreciable similitude en estensión e clases"
Por que hoxe, propietarios que entregaron solares ou fincas con valor extraagrario, fincas libres de cargas, terreos planos, cultivables, a un paso das súas vivendas, reciben finalmente os barrancos ou eriais que outros posuían, fincas atravesadas por liñas eléctricas que outros cobraron no seu momento e - unha vez máis infrinxindo a lei - fincas alonxadas das súas vivendas que en nada se asemellan ás aportadas??????
Isto máis ben foi unha expropiación parcelaria, onde uns se enriqueceron descaradamente a costa do perxuízo de outros, grave ou gravísimo perxuízo, diría eu.
Para máis INRI, os señores funcionarios tómanse a liberdade de inventar ou elaborar unha lei propia que NON EXISTE: que uns propietarios saian moi favorecidos e outros resulten gravemente perxudicados, débese segundo eles a que os primeiros FIXERON PETICIÓN. É dicir, que sinalaron as fincas da zona que lles gostaría posuír. Se non fas a PETICIÓN, sobreenténdese - segundo eles - que te conformas con calquera cousa.
Eu máis ben diría que os que non fixeron a mentada PETICIÓN é porque estas persoas se conformaban co que xa tiñan e non desexaban ben alleo ningún.
A PETICIÓN, e isto o afirma un letrado moi docto na materia, considérase unha mera enquisa e carece de calquera outro valor.
Facer unha concentración é tan doado como adxudicar a cada propietario as terras onde xa as posuía en maior proporción, sen máis. Tan doado como RESPECTAR O QUE DICTA A LEI.
Eu baseeime no Concello de Ordes, aquel lugar do que non me quería lembrar pero que non podo esquecer, mais Ordes hai moitos espallados pola nosa xeografía.
Comentarios () |
|
|
|
|
|