 |
"O aprendiz é primitivo e soberbio. O aprendiz é pura rabia. O aprendiz é unha pedra bruta aínda por puír. O aprendiz faise home e eleva o seu espírito a medida que descobre as súas limitacións. A mar ensina ao aprendiz que hai que respectar a vida, e recrimínalle preguntándolle que mérito contraeu para pretender executar un proxecto tan xigantesco; que non hai virtude que xustifique acabar con todo o bo e o belo; que a verdadeira liberdade non cabe no saco de rabia do aprendiz". Alfons Samper
|
Estaba eu preparando unhas liñas sobre Pomatomus saltator, coñecida por anxova, e non puiden reprimir acordarme de os bárbaros do norte.
No ano 196 a. C. chegaron os romanos que cooperaron coas tribos vascas a expulsar aos celtas. Cando falo dos bárbaros do norte refírome aos vascones. A eses que non quixeron ter cruzamento algún cos demais pobos europeos e, din, que se conservan lápidas en eúscaro na Inglaterra onde morreron colaborando do imperio romano, para dar estopa aos demais pobos.
Total se non e vero, e ben trovato. Adóitase denominar protovasco, vasco primitivo, ao idioma que falaban os vascones e lese "uasco". Non aceptaron o poder visigodo, aínda que foran partidarios de imperio romano, ao que serviron con submisión.
Eran tribais, e os bárbaros da palabra, que non quero nomear, seguen a ser tribais aínda que se chamen "de Juana" ou ata Pérez, Rodríguez, Martínez.
Non os quero nomear, xa que teñen unha palabra bela belísima, nas súas siglas, que non deixan exercer. Non deixan que a exerzan nin os seus militantes. Son verdugos da liberdade... recorden a "Yoyes". Unha anxova ten máis raciocinio e nobreza que vos.
Un melgacho é máis suave que vos.
¿Que fixeron esos "uasc"?
"O vasco primitivo sobreviviu, porque ademais, os romanos deixáronos en paz ao ser os vascones aliados e fieis, e ao non ter as súas terras moito valor, aínda que se romanizaron como os demais: en Oiasso, que é Irún, había un porto romano, que xa existía no ano 10 a. J. C., na época de Augusto, da mesma envergadura que o de Marsella" (1)
Non foi a nobreza o que lles fixo sobrevivir, foi a súa servidume ao imperio romano. Servos fieis; que historia nos queren contar os "de Juana"? Os Sabinos?... estamos de broma.
Valentes gudaris? Con tiros a xente desarmada? Con bombas a xente pacífica que quere vivir en liberdade?
Valentes que matan e destrúen fuxindo ante persoas que non son violentas?
Onde están os valentes que se cagan ao entrar na comisaría?.
Recórdovos, que, cando nós non cantabamos a ningún compañeiro de loita, vós cantabades se vos negaban un vaso de auga.
Non me digades que vos torturan, tamén a nós nos torturaron... e non nos convertemos nin en asasinos nin en cantantes.
¡¡¡¡DEIXÁDENOS VIVIR EN PAZ!!!!.
Loitamos máis que vós para conseguir esta paz que non queredes que teñamos, pero a teremos.
¡Xente insolidaria e sen corazón!
¡Non pasaredes de aprendices!
---
(1) http://cursos.pnte.cfnavarra.es/~mzubicob/tema1.htm
Comentarios () |
|
|
|
|
|