Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Educación para a convivencia Imprimir Correo-e
Victoria Díaz   |   Venres, 22 de Xuño do 2007   |   Sinaturas - Victoria Díaz
victoria-diaz “A ambición é levada por un furioso vento./ A crueldade apágase co lume./ O soberbio é cuberto pola terra./ A luxuria é cuberta polas augas./ Pero a morte é a mesma morte" (relato maya)
Non podo comprender aos que se opón a que a escola eduque en valores para ser cidadáns.
Por unha banda están en contra dos comportamentos incívicos dalgúns dos nosos mozos e por outra se están a mobilizar para que a escola non recolla, entre as súas moitas responsabilidades, unha nova materia tan importante. Un profesor de primaria pasa máis horas cos nenos que os seus pais (25 horas semanais). Antigamente nas épocas do ferrolán baixiño e con voz atiplada, que prefiro non nomear máis que polo pseudónimo que tiña en Ferrol “ou ladrón de patacas”.

Educabanos

“Al son de los tambores y trompetas
caminando van.
¡Ta, tarará, 
tararí, tarará!

Los flechas y pelayos, que forjando
el Imperio están.
¡Ta, tarará, 
tararí, tarará!”
… publicado en "Flechas y pelayos” (Joaquín Rodrigo para o “Día de la Canción” de 1944)

 

Tamén había un neno encantador que axudaba a cruzar a rúa aos velliños, que non lles chamaba “Bordes” aos seus papis, non pegaba aos anciáns, non rompía os cristais dos comercios, nin usaba navalla. Dende que os pais delegan a educación dos seus fillos ao concello, á escola, aos monitores, están saíndo uns chiquitos que son un pouco monstruiños non tanto como os seus papás, pero case.

Non creo que a educación para a cidadanía cámbeos, pero algo fará pola convivencia e respecto entre diferentes crenzas e diferentes estilos de vida.
Os amigos africanos din que para educar a un neno “fai falta a tribo enteira”. Eu creo que a xerarquía eclesiástica se esta pasando da raia, está predicando desde o púlpito o boicot á Lei de Educación? pero non renuncia aos privilexios que lles concede o estado.

Estiven lendo a curricula de “educación para a cidadanía” para ver se era escandaloso para os nenos. A educación en valores foi ata hai pouco no ensino unha das chamadas transversais.
Na Lei do 1970 o titor tiña unha hora semanal para realizar esa laboura cos seus tutorados.

Nesa hora tratábase de resolver conflitos, e dar as mínimas normas de educación.
Decátense en que consiste a educación para a cidadanía? non se deixen influír, propóñolles dous artigos; qe poden atopar na rede:

 http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/bolivar_y_balaguer.pdf

 http://www.educacionenvalores.org/article.php3?id_article=1066

Daranse de conta que os que non están de acordo con esta materia poderiámoslles chamar “Dendrobátidos” ou “Poison Frogs”

 

Comentarios (1)add
1
Anxo D
Qué ben disparas!! Como xa dixen noutras referencias á Igrexia, non vou a opinar que de certo éntrame unha quentura no sangue que non respondo.
Un saúdo sen cinismo.

Xuño 25, 2007

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image