Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Vigo: a hora do benestar Imprimir Correo-e
  • Currently 2.3/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 2.3/5 (3 votos totais)

Xabier Pérez Igrexas   |   Domingo, 17 de Setembro do 2006   |   Xabier Pérez Igrexas
xabier
Coa aprobación definitiva do PXOM por parte da Xunta de Galiza, que a día de hoxe é tan só unha cuestión de tempo, Vigo terá xa unha verdadeira folla de ruta para o seu crecemento, ordeado e marcadamente sustentabel, e para o seu desenvolvemento, destacadamente industrial. O PXOM, con todos os matices precisos, será un instrumento relevante para a superación do défice infraestructural e dotacional que arrastra a cidade (grazas á calificación do solo que o documento inclue e que libera espazos suficientes para dar resposta as necesidades presentes e futuras). 

Temos xa encetado o desenvolvemento da principal cidade de Galiza. Está debidamente encarrilado o crecemento da urbe, que aspira con decisión a converterse nunha verdadeira metrópole atlántica e a exercer de capital do noroeste peninsular.

Xa temos os instrumentos fundamentais (ao marxe de trámites e formalidades, e tendo en conta que temos cousas pendentes) e fica clara a intención social maioritaria, só resta poñelos en práctica.

¿Entón porque continuar enleados en debates reiterativos sobre cuestións xa superadas? ¿porque facer do modelo de cidade un bucle dialéctico constante? É cuestión de economía de tempos e de intelixencia política, pero tamén social. O tempo que Vigo leva perdido en debates alongados, por acción da falta de liderado e por un desenfoque insultante, arredor da súa propia definición de futuro, é o mesmo que outras cidades aproveitaron para poñer en práctica as conclusións ás que nós chegamos con retraso, para variar.

Negar a relevancia de fixar un proxecto de futuro para unha cidade no tocante aos aspectos antes referidos, sería unha imperdoábel insensatez, pero reducir a iso a política que a cidade necesita delata un reduccionismo de miras que non está á altura desa grande cidade que aspiramos a construir.

É a hora das persoas. A cidade é algo máis que unha macrounidade territorial ou un xigantesco espazo económico, é tamén, e fundamentalmente, un espazo de convivencia e de desenvolvemento e crecemento humano. En consecuencia é xa algo incomprensíbel a pouca atención que se lle presta na cidade a políticas que globalmente poderíamos definir de benestar. Certo é que esta situación non é de extrañar cun governo municipal do Partido Popular incapaz na xestión e pobre no político.

Na cidade con máis estudantes de Galiza non é aceptábel que siga sen haber salas de estudio suficientes, e que as/os universitarias/os continuen agolpandose ás portas de bibliotecas insuficientes con horarios reducidos, algunhas propiedade de entidades financieiras.

Na cidade con máis habitantes de Galiza non é aceptábel o défice na cobertura social para as/os nosas maiores.

Toca falar do que a xente necesita; de garderías infantís, de novos centros de saúde, de instalacións deportivas, de exención de taxas para as rendas menos favorecidas, dunha política de inclusión social, de vivendas de promoción pública e do apoio ao cooperativismo fronte á especulación, dun plano municipal de emprego que supere a súa dimensión testemuñal, do apoio á nova creación artística e ao acervo cultural do país, de máis centros de día para as/os nosas/os maiores...

Pero sobor de todo, toca comezar a pensar, con vistas a maio do ano próximo, en quen posúe as ideas, pero destacadamente a capacidade e a vontade de facelas efectivas.

É a hora do benestar.

 

*Xabier Pérez Igrexas, é ex-secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e foi membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Actualmente participa do movemento veciñal de Vigo e colabora como articulista en diversos medios de comunicación.

http://contradiscurso.blogaliza.org

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (1)add
1
R2b2
... a verdade é que o termo "folla de ruta", ... repatéame un pelín.

11 de Outubro do 2006 - 22:32

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.

Xabier Pérez Igrexas(Vigo, 07/08/1984) é articulista de opinión en diferentes medios de comunicación. Forma parte de Galiza Nova, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego e pertence a diversos colectivos sociais.

Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e  membro da Dirección Nacional de Galiza Nova(organización xuvenil do BNG). Foi, así mesmo, membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Pertenceu ao Consello Local e Comarcal do BNG de Vigo.

Formou parte de diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución
Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Instituto Galego de Estudos Veciñais…

Participou activamente do movemento veciñal da súa cidade, Vigo, desde 1998,
sendo Vicepresidente da A.V. Val do Fragoso até o 2007.

Na actualidade é membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova de Vigo.

É autor do blog CONTRADISCURSO 3.0. www.contradiscurso.net