 |
Mariano Rajoy, convencido de que vai gañar as vindeiras eleccións, afirmou "Gañarei as eleccións e gobernarei, mais se non gaño, non irei para a casa" no "foro" do diario "El Mundo" ante as preguntas de varios xornalistas. |
No seu "mundo" afirmou tamén que o adversario a bater máis do que o PSOE eran as televisións, porque seica é evidente que os socialistas teñen máis apoio dos medios de comunicación.
Debe ser que a TV Popular (da COPE), Antena 3, TeleMadrid, o Mundo, o ABC, A Razón... non teñen máis que minutos e páxinas dedicadas a louvar as excelencias do partido socialista en xeral e do goberno en particular.
Ademais de "autocompadecerse" no seu mundo mentireiro tamén ensinou a unlla, unha pouta que quere poñer enriba - cal voitre.... ou mellor dito cal doberman - do seu opoñente político.
En palabras de Rajoy "Imos vivir unha campaña en toda regra: o do doberman multiplicado por tres" en clara alusión a unha campaña antiga na que se asociaba ao PP con tan agradable animaliño.
Aproveitou tamén para, de certo modo, advertir que xa vai empezar (se é que tiña parado nalgún momento) a utilizar á ETA para tentar desgastar ao goberno ao mesmo que pretenderá recoller votos dos que se recollen en río revolto.
Matizou que o seu apoio e confianza ao presidente do goberno eran limitados.
"Quedou demostrado que houbo ocasións nas que non me dixo a verdade. Un presidente pódese equivocar, pode tomar decisións discutibles, mais o peor que lle pode pasar é que a xente non o crea", declaraba "o señor dos hilillos" co coñecemento que dá a experiencia.
E, por fin, dixo o que xa era sabido, que non excluirá o tema da ETA do Debate do Estado da Nación, que se celebrará a principios de xullo e para o que o que o goberno fixera especial petición de deixar fóra á banda armada do debate político.
Como se pode ver, colaborar e apoiar é a marca da casa.
Comentarios () |
|
|
|
|
|