Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Orozco obtén o apoio do PP de Lugo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 26 de Xuño do 2007   |   Galiza
orozco3
O PP de Lugo salvou onte a situación de goberno en minoría do rexedor, o socialista Xosé Clemente López Orozco, ao acadar un acordo nos puntos máis conflitivos do primeiro pleno da corporación, no que se aprobou o funcionamento para a nova lexislatura, as dedicacións exclusivas e as asignacións economicas a cada grupo.
Este entendemento entre PSOE e PP a interpretou o voceiro nacionalista, Xosé Anxo Laxe, como "unha falta de lealdade" e lembrou que as negociacións entre socialistas e nacionalistas aínda non están rotas, xa que falta a nova reunión que se celebrará o vindeiro mércores.

O voceiro popular, Joaquín García Díez, xustificou a orientación das decisións do seu grupo baseándose na falta de entendemento de PSOE e BNG para alcanzar un pacto de goberno ante o que, segundo el, "facía falta botar unha man". Mentres, o novo voceiro socialista, José Rábade, valorou o comportamento do PP, que considerou un "exemplo de responsabilidade" para facilitar a gobernabilidade "ben en minoría ou en maioría".

A proposta conxunta, que contou co voto en contra do BNG, establece tres persoas de confianza para cada grupo e oito máis para o goberno local. Ademais, cada grupo percibirá 3.900 euros mensuais e 800 euros a maiores por cada concelleiro.


Comentarios (2)add
1
R2b2
... estádela CAGANDO!!!!!

Xuño 26, 2007

2
Un
Si, pero, ¿quen está a cagala? Aínda se pode cagar máis, cedendo do que se dixo na campaña para entrar nun goberno e non poder incidir nas súas decisións, só para estar no goberno. Cómpre intelixencia, mais tamén firmeza.

Xuño 27, 2007

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image