Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Amigos da mar Imprimir Correo-e
Victoria Díaz   |   Sábado, 30 de Xuño do 2007   |   Sinaturas - Victoria Díaz
victoria-diaz Alegrámonos con e polos amigos cando lles van ben as cousas.

Sufrimos con eles nos seus malos intres e recordámolos con ese sabor agridoce cando non están entre nós.

Dóennos cando se van demasiado novos e tamén nos doe cando o capital mátaos de contaminación.   Estes son os sentimentos que teño esta semana.

Unha alegría enorme porque o neno que veu do mar, na mariña coruñesa, foi nomeado para o que máis lle gusta.

O noso Albertiño, Alberto, don Alberto, ao que eu me permito chamar “o xefe dos bonitos” é desde hoxe o novo director xerente do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR).

Isto éncheme de alegría, pero non me impide sentir a dor do menos amigo, pero tamén querido, Amor Deus morto por asbestosis – “O capital mata a Deus”-. ¡Que premonición tivo!
 Eu nunca lle chamei Manuel nin Manolo cando viña reunirse á miña casa na clandestinidade. Eu chamáballe “o guapo de Astano”. Non sabía nin o seu nome nin onde traballaba, só, (e xa era demasiado) que construía barcos no Ferrol.


Igual... e estou empezando a soñar, construíu algún dos barcos que levaron a Alberto por todos os mares do mundo estudando o tránsito dos peixes.

Non creo que ambos se coñecesen. Agora só mo pode confirmar Alberto, o meu Alberto, o noso Alberto que se fascinou polos peixes no estanque do recheo.

Era moi moi pequeno cando descubriu a súa vocación.

As plantas, as algas, os pequenos camaróns que asucaban as pozas de Santa Cristina, as anemones das rochas, todo observábao Alberto con máis afección que os demais nenos.
O son do merlo que recorda a cerdeira, ou a figueira na esquina do horto e a planta da cera que aínda conserva na súa casa, do seu Vigo amado, e que crecía pegada á parede da galería do Portazgo na que o seu pai escribía a máquina os seus poemas.

Eu son maior que Alberto; tan maior que recordo cando naceu e viño en barco dende a Habana.

De onde podía vir o hoxe doutor en bioloxía e desde este venres -festa de San Pedro de Nos- director de CETMAR(1) de non ser do mar?

Estou segura que de que Amor Deus non morrería se Alberto estivese coordinando o CETMAR, pero non foi posible antes.

Cando Amor se contaminou na Bazán, don Alberto aínda era Albertiño.


(1) “El Cetmar es una fundación promovida por la Consellería de Pesca, la Dirección Xeral de I+D+i (Industria) y el Ministerio de Ciencia y Tecnología que tiene como principal objetivo consolidar un mayor grado de cooperación interinstitucional e integración interdisciplinar de los recursos de I+D de su entorno, y una mayor implicación del sector productivo objetivo en el desarrollo de actividades de investigación e innovación tecnológica.” La Opinión Coruña

(2) Por suposto refírome a don Alberto González-Garcés Santiso

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image