
| A LAREIRA |
|
|
Beatriz Guiance
|
Mércores, 04 de Xullo do 2007 |
|
|
Noutros tempos non tan lonxanos nos que había menos tecnoloxía e poida que máis tempo, tempo de traballar a reo e tempo de compartir ao calor dunha lareira un sinfín de historias. A xente xantaba ao redor da lareira, sentada nos bancos, partillando tradicións, contos e incluso cantigas. Cantas historias, contos populares, (a meirande parte de tradición oral) se estarán a perder no esquecemento de quen anda ás présas, de quen toma calquera cousa "por aí" no canto de facer unha cea de familia? cantas cantigas e contos se perden por falta de avós que as conten ou netos que as escoiten? que será de todas aquelas historias para non durmir contadas ao redor do lume vixiadas pola santa compaña? Quen lembra cancións de berce? receitas de cociña para facer con agarimo a lume lento e para comelas de vagariño, saboreando até o derradeiro anaco? Adiviñas, refráns, contos, xogos tradicionais, serán o condimento indispensable para poñer a traballar a nosa lareira.
| ||||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|