
| O neto de Estrellita Castro |
|
|
| Victoria Díaz | Sábado, 07 de Xullo do 2007 | Sinaturas - Victoria Díaz | |||
Unha cidade ten unhas liñas misteriosas, pequenas fronteiras que serviron nunha época para defendernos dos chivatos e franquistas que dominaron a cidade. Eu coñecín esas liñas protectoras dende moi pequena, aínda non sabendo da súa existencia. Sabía que había persoas que me saudaban con especial afecto, que dende nena me sorrían dunha forma especial. Non coñecía os seus nomes, e ás veces non sabía nin onde vivían.
Entre as persoas que me collían da man con afecto estaba Antonio Molina, sempre o atopaba pola rúa de Damas e acompañábame ata o Cantón de Porlier. E os dous fillos de Don Domingo Quiroga, un deles, don Hector, que foi profesor da Academia Galicia, onde eu tiven a sorte de estudar. O meu bisavó e o meu tío Juan estaban enterrados no cemiterio civil, ao carón do cemiterio normal, o de todos os demais. Agora pensando doume conta que estaba situado á esquerda do outro. Alí nese cemiterio, xa de maior, fun coñecendo ou recoñecendo a esas persoas que me sorrían dunha forma especial.
As fillas de Alvajar, e a filla de Estrellita nai de Cesar Antonio Molina (nomeado este venres 7 do 7 do 2007) Ministro de Cultura. Cesar Antonio xogaba polas Atochas,-cerca do Metrosidero ou árbore do ferro- un barrio especialmente represaliado e supoño que tamén calaba, adoitábao acompañar a súa avoa Dona Estrellita. O hoxe Ministro de cultura. Que alegría levaría o meu pai!
Creo antes de rematar o 2007 terei que tomar unha decisión, que me cambiará a vida. Que recordos de todos eles!, ensináronme a sorrir á vida en momentos difíciles.
Agora xa velliña, ensinei a plantar tomates a Juan, bisnieto de don Cesar Alvajar. Terei que pedirlle cosello a Curra.
(1) Traballadora da fábrica de tabacos da Coruña
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|