Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Asturias patria querida Imprimir Correo-e
Victoria Díaz   |   Sábado, 14 de Xullo do 2007   |   Sinaturas - Victoria Díaz
victoria-diaz “A primeira lei da amizade consiste en pedir aos amigos cousas honestas, e facer polos amigos cousas honestas.” (Marco Tulio Cicerón)

Cando os sentimentos se agolpan non adoito ser obxectiva. Ben, creo que xamais son obxectiva. Móvome por impulsos de sentimentos que, ás veces, son xustos e outras veces non tanto.

Veño de estar dous días en Asturias. Veño cansada, moi cansa, pero contenta de facer o esforzo de ir.

¡Menos mal que tiñan ascensores para os incapaces! Aínda así, me custo moito ir ata a segunda planta do Palacio do Principado.


Os sentimentos -as emocións- apoderáronse de min ata o punto de non poder respirar nalgúns momentos.

¡Que abrazos dei e déronme persoas que facía moito tempo que non vía! Están no meu corazón con todo o meu agarimo e, polo menos, eu creo que son agarimos correspondidos.
Á maioría de vostedes importaralles un rábano por onde van os meus afectos, pero, xa que este xornal déixame falar deles, fareino.

Fai 37 anos que estudei na Universidade de Oviedo. Alí, coincidimos os expulsados de varias universidades do país. A universidade de Oviedo acolleu a expulsados de Santiago, Salamanca Valencia... no curso 1969-1970.

Atopei un hotel moi próximo á Facultade de Letras daquel tempo, e xa que logo, moi próximo á zona de prostitución do antigo Oviedo. É un hotel barato que recorda aos astures, aqueles que correron a pedradas aos árabes que nunca entenderon como eses bárbaros e feros astures, usasen a política de campos queimados...

Comecei os abrazos por Manolita Gesto, veterana loitadora galega; despois, Toli Reguera, único estudante que coñecín examinándose custodiado por dous “polis” na Facultade de Económicas de Santiago.

E de súpeto “o meu neno” o neno que naceu o mesmo día que eu saín do cárcere no 1969. Manolo Álvarez Rodríguez, hoxe profesor titular, doutor pola Universidade de Oviedo, presentoume á súa muller Manola e ensinoume a foto da súa nena recentemente graduada en educación infantil. Canto tempo sen velos. O agarimo consérvase a través do tempo, a través da distancia.

Esperaba ver a Ernesto Iglesias e á súa nai, pero non foi posible.
Ernesto estivo no cárcere de Coruña aos seus dous anos, coa súa nai e eu sacábao a pasear pola cidade en cadeira de bebé.
A súa nai,Teresa, estaba detida por tirar panfletos denunciando a situación da muller na ditadura.

Despois tócolles a quenda -que chula son- a José Luís Iglesias Riopedre, a Jaime Rabanal -que nos dedicamos mutuas caricias no rostro- ¡non sexan vostedes mal pensados! Posteriormente aos que xa vexo máis, pero non por iso menos queridos, José Luís Méndez Romeu e Vicente Álvarez Areces.

Acabei derrotada fisicamente, xa unha non pode cometer estes excesos.

A nota triste dábana os traballadores en crises de Santaclara, pedindo a berros que non desaparezan os seus postos de traballo.

 

Avanzamos... pero queda aínda moito por facer. Nós viviamos entón en pisos compartidos; indo ao cine á sesión máis barata, pero nunca negamos un sofá ou unha comida a ninguén. Evidentemente, non tiñamos coche… e tardamos moito tempo en ter un piso.

Eran outros tempo e había outras prioridades... conseguir a Liberdade.

Hoxe sábado, por fin, puiden conectar ca mai de Manolo Alvarez, Isabel Rodríguez Castillo, vereina pronto na Coruña, foi, no sesenta e oito, a secretaria do sindicato de estudantes en Santiago.

Comentarios (1)add
1
ADMIRADOR
TAS MU GUAPA smilies/smiley.gif

Xullo 16, 2007

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >