Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
71 anos do 18 de Xullo Imprimir Correo-e
  • Currently 4.5/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.5/5 (24 votos totais)

Victoria Díaz   |   Luns, 23 de Xullo do 2007   |   Sinaturas - Victoria Díaz
Image

Xa pola mañá o estaba a pasar mal. Enchéuseme o corpo de gases perigosos que non querían saír do meu corpo. Crin que me convertera nunha bomba digna do “Generalísimo”, ou nunha estatua en una estatua representativa do budismo, de Botero… ou do que vostedes prefiran.

Fun pouco a pouco desfacéndome deles, non sen esforzo. Descansei, e volveron os gases, o cansancio, unha emoción negativa… e cando me encontraba a menos de cinco minutos dun hospital, ¡saltou a “espita”, como a rolla dunha botella de champán! : “Dor cordial no lado esquerdo, extendéndose ao brazo correspondente.”

 

Era normal que saltase a “espita”.

Di a xente que “mala herba non periga”... ou (como din os españois) "mala herba nunca morre".

Cheguei a tempo de curar o infarto que se situaba no vértice inferior da cara externa do corazón (o lugar menos perigoso). Puxéronme as armas de “destrucción masiva” (nitroglicerina) e parárono no momento xusto.

 

Había tempo que non estaba internada nun hospital.

Encontreime con amabilidade xeral e novos descobrementos no uso lingüístico e da comunicación.

O que noutros tempos era o modo empregado pola coroa (plural maiestático), agora se democratizou. Substituíron a oración interrogativa con suxeito en segunda persoa do singular “pínchoo?” ou “póñolle o termómetro?” pola primeira persoa do plural “pinchamos?” ou “poñemos o termómetro?”.

 

Entón, se o plural maiestático o emprega o pobo, onde está a ofensa cara os príncipes pola caricatura da revista El Jueves? A fin de contas é unha das poucas actividades que é común a reis e plebeios.

O vostede para tratar a unha señora maior, está proscrito, cando menos por algunha “chiquilla” (no meu caso apenas por unha). Curiosamente, non observei o mesmo trato cos enfermos varóns. Non haberá aprendido – a “chiquilla”-  os diferentes usos do “vostede” (entre os que se atopa o “vostede de distancia” que se emprega co considerado inferior) ou supoño que o hará con intención de conseguir proximidade e cercanía coa enferma.

 

Perdoarémolo (Que maiestático me quedou!), sobre todo, en razón ao seu nome: “Ángeles de Fernando y de la Colina”.

Hoxe, aínda con vida, envíolle un “cordial” saúdo (e nunca mellor empregado o termo “cordial”).

 

 

AVISO A NAVEGANTES: Cando se sintan moi cansos acudan a un hospital e se lles dín que non pasa nada, agarden un anaco- aínda que sexa un longo anaco- na cafetería. Poderán salvar a vida que é o máis importante.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (4)add
1
LA TALI
UN BESO MUY FUERTE Y QUE TE PONGAS BUENA . ESO TE PASAN POR TENER UN CORAZÓN TAN GRANDE Y GENEROSO
UN BESO smilies/sad.gif

23 de Xullo do 2007 - 11:31

2
Redacción MundoGaliza
Querida Victoria, desde o convencimento de que axiña estarás completamente recuperada e tan guerreira como sempre, mandámosche todos unha aperta moi forte, bicos e toda a enerxía positiva que precisas para sandar canto antes.
smilies/cheesy.gif smilies/cheesy.gif smilies/cheesy.gif smilies/cheesy.gif smilies/cheesy.gif smilies/cheesy.gif smilies/cheesy.gif smilies/cheesy.gif smilies/cheesy.gif smilies/cheesy.gif smilies/cheesy.gif

23 de Xullo do 2007 - 20:30

3
curra
Prezada Victoria:
Non deixes que os 18s de Xullo te intimiden. Xa sei que non o van facer. Poideches ti, desta e poderás sempre. Coidate. Precisamos do teu humor intelixente. O dia que nos falte o humor, seremos coma calquera animaliño deses que adoitan facer 18s de Xullos terribles. Viva a república! Viva a intelixencia! Humor ceibe e popular!
Beijos , sempre,
Curra smilies/smiley.gif smilies/wink.gif smilies/cheesy.gif

28 de Xullo do 2007 - 10:42

4
Anxo D
Sinto chegar tarde para te desexar pronta recuperación.
Saúdos para sempre.

03 de Agosto do 2007 - 14:55

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
Seg. >