Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Debe demitir o Valedor do Povo? Imprimir Correo-e
  • Currently 4.6/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.6/5 (21 votos totais)

Xabier Pérez Igrexas   |   Venres, 03 de Agosto do 2007   |   Xabier Pérez Igrexas
Image O certo é que o interrogante que serve de cabeceira deste artigo é unha cuestión de absoluta actualidade, tralas sorprendentes declaracións de Benigno López González.
Benigno López que é o recentemente nomeado, por acordo unánime do Parlamento de Galiza, novo Valedor do Povo

En dúas entrevistas o Valedor despachabase a gusto en relación a cuestión idomática, afirmando a idiotez de que "Se a un neno se lle suspende polo galego, logramos que lle colla odio", en referencia ao decreto do galego no ensino, ou que "usar o galego na Xustiza, se non se domina, pode resultar perigoso".

Obviamente o perigoso é que sexa a persoa que ocupa unha institución tan relevante como é o Valedor do Povo quen diga tal fato de insensateces que non só indican a máis absoluta insensibilidade co idioma, como soporte identitario do povo do que é valedor, senón que van na dirección contraria do que establece o actual marco xurídico e lexislativo en relación á normalización do galego, e contra todo sentido común.

Se cadra o máis grave é que esas desnortadas reflexións de Benigno López González, entran en directa colisión coas funcións que a institución que representa ten establecidas como alto comisionado do Parlamento de Galiza encargado de vixíar o exercicio dos dereitos e liberdades e en xeral co obxecto de coñecer o pleno respecto á lei e o dereito. Máxime cando o actual Valedor foi maxistrado da máis alta instancia xudicial galega.

Como é natural as declaracións do Valedor desataron unha intensa polémica institucional, política e social. Colectivos como A Mesa pola Normalización Lingüística ou o Movemento polos Direitos Civís, e tamén o Grupo Parlamentar do BNG, xa lle exixiron a Benigno López a súa rectificación formal, que a día de hoxe non se produxo. Pola súa banda a CIG reclama a súa demisión, mentras Pérez Touriño limitouse a dar un suave toque de atención.

Volvamos á cuestión inicial. Perante estas declaracións e a situación xerada, apenas semanas despois do seu nomeamento, ¿debe demitir o Valedor do Povo?

Non existiría ningunha dúbida de que a súa renuncia é indispensábel se no canto de verquer esas afirmacións sobre a cuestión idiomática, soltase tonterías semellantes arredor doutros asuntos.

Por exemplo: se o Valedor do Povo insinuase que o principio de igualdade debe aplicarse con moderación xa que implica riscos de discriminación cara os homes, ou se dixese que hai momentos nos que se debe flexibilizar o exercicio dos dereitos civís para posibilitar unha maior seguridade en referencia ás brutais cargas policiais en Ferrol, nesos casos ¿alguén dubidaría que Benigno López non pode ocupar o posto de Valedor do Povo?

A diferenza radica en que López métese na cuestión idiomática, que inda hoxe cos avanzos conquistados no marco lexislativo, segue a entenderse por algúns como un asunto ideolóxico, de opinión, e non de dereito.

A resposta ao meu ver fica clara: se as afirmacións feitas nas citadas entrevistas forman parte das conviccións de Benigno López, ao marxe, e independentemente de que faga ou non unha rectificación pública e formal, desacreditan a este para exercer a responsabilidade institucional para o que foi designado pola sede da soberanía popular galega, e debería apresentar de inmediato a súa renuncia.

Pero se non o fai debe ser o Parlamento quen lle retire a súa confianza e proceda ao seu cese.
Do contrario parecerá a todas luces que cando falamos do idioma, da súa normalización e dos dereitos que a ese respecto temos todas/os galegos, estamos a falar dun asunto menor, intrascendente ou baladí. E non o é.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (3)add
1
GG
Demisión XA!!

03 de Agosto do 2007 - 21:10

2
R2b2
Deberían CESALO xaaaaa!!! :'(

05 de Agosto do 2007 - 10:18

3
LOIS DE SILÁN
Non vos creo que un incapaz, non só para Valedor do Pobo, senón tamén para ser maxistrado (se ten que exercer algún deses cargos é mellor que non exerza de maxistrado) deba expresar ningunha rectificación formal se foi escollido unanimemente polo tripartito parlamentar (BNG, PSOE, PP); pois, as manifestacións dun incapaz negando a súa incapacidade carecen de eficacia.

O que teñen que facer os do tripartito parlamentar évos declarar a MANIFESTA INCAPACIDADE do Sr. Benigno López González para o cargo de Valedor do Pobo, recoñeceren así o seu erro de vulto e procederen á escolla de outra persoa idonea para a alta comisión ou encomenda de defensa dos dereitos fundamentais dos galegos nas súas relacións coas Administracións públicas.

Claro que os do tripartito parlamentar tamén poden demitir eles, ou arredaren dos seus cargos públicos os membros dos seus grupos parlamentares que incorreron na irresponsabilidade de escolleren un iusanalfabeto lingüístico para o cargo de Valedor do Pobo!

O que non vos procede é pretender pedir,esixir, esperar,....rectificacións formais do Sr. Benigno por parte de quen o escolleron e para mascararen a súa irresponsabilidade na escolla.


06 de Agosto do 2007 - 14:36

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Xabier Pérez Igrexas(Vigo, 07/08/1984) é articulista de opinión en diferentes medios de comunicación. Forma parte de Galiza Nova, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego e pertence a diversos colectivos sociais.

Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e  membro da Dirección Nacional de Galiza Nova(organización xuvenil do BNG). Foi, así mesmo, membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Pertenceu ao Consello Local e Comarcal do BNG de Vigo.

Formou parte de diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución
Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Instituto Galego de Estudos Veciñais…

Participou activamente do movemento veciñal da súa cidade, Vigo, desde 1998,
sendo Vicepresidente da A.V. Val do Fragoso até o 2007.

Na actualidade é membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova de Vigo.

É autor do blog CONTRADISCURSO 3.0. www.contradiscurso.net