Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Fomento Xeneroso Imprimir Correo-e
Belén Gómez   |   Sábado, 04 de Agosto do 2007   |
belen   Se circulades pola estrada N-550 á altura de Mesón do Vento (ou Bento se nos guiamos pola etimoloxía, xa que non é o aire en movemento), no concello de Ordes, observaredes que se están a realizar obras ao longo da estrada: beirarrúas e dúas rotondas, unha delas na confluencia do vial que leva a Betanzos coa N-550, e a segunda no cruce desta mesma coa comarcal que vai a Cerceda.

Respecto da primeira, aínda que hai opinións para todos os gustos, somos maioría os que opinamos que é necesaria porque é un punto perigoso para os que non adoitan circular por alí con frecuencia. A realidade indica, lamentablemente, que é un dos puntos negros das nosas estradas, pois xa son varios os accidentes que tiveron lugar alí con resultado de vítimas mortais.

En canto á segunda, hai que velo para crelo. O lugar onde se vai ubicar non é para nada conflictivo. O volume de tráfico que circula por alí a diario é moi importante, porque hai que coller a estrada de Cerceda para ir a Sogama e á Central Térmica de Meirama, e son numerosos os empregados que teñen que facer este percorrido.

Nembargantes (e toco madeira porque a teño perto da casa), nunca se producen accidentes e o tráfico é fluído, incluso nas horas punta cando os traballadores saen da icineradora ou da central. Que finalidade ten pois a citada glorieta?

Ningunha que sexa lóxica nin lícita mais si discutible... e somos moitos os que a coñecemos: perxudicar a dous veciños propietarios das terras expropiadas para tal fin. Fincas de grandísimo valor polas que Fomento paga unha cantidade irrisoria.

Nas aldeas somos todos como da familia, sabemos uns a vida dos outros e, tristemente,hai xente que aproveita os cargos políticos para levar a cabo abusos de todo tipo, incluso vinganzas como neste caso.

Eu até aquí chego a comprender, aínda que non o xustifico, porque nacín e vivo na aldea, pero o que xa non alcanzo a entender é como o Ministerio de Fomento se presta a tales cousas. Coa cantidade de estradas en mal estado que temos que soportar, porque seica non hai cartos para arranxalas, como é que invisten diñeiro - tan escaso - en facer obras innecesarias como esta só por darlle o gusto a uns cantos políticos que só buscan facerse notar sexa como sexa.

Palabras textuais dun alto cargo de Obras Públicas responsable da obra en cuestión: "La rotonda no es necesaria, pero la pidieron".

Parece que neste ministerio tan xeneroso non coñecen o dito de que para o vicio de pedir está a virtude de non dar.

Descoñezo quen foi a persoa que deu luz verde a este proxecto pero, fora quen fora, o que está claro é que non está capacitado para desempeñar o seu cargo, porque esta rotonda, e o di todo o mundo, non ten razón de ser.

Ogallá me equivoque, pero esta glorieta vai traer cando menos, e iso con total seguridade, retencións no tráfico que até o de agora non se producían e, o que é peor, accidentes.

Parécevos normal que circulando por unha estrada nacional haxa que parar para ceder o paso aos vehículos que saen dunha comarcal?

Se pasades por Mesón do Vento, xa o comprobaredes.

Comentarios (1)add
1
Alba
Se fora necesaria non a poñerían, iso dígocho eu seguriño.

Agosto 08, 2007

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
Seg. >

Image