
| Recuperación da Ría de Pontevedra |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Sábado, 11 de Agosto do 2007 | Sociedade | |||
O colectivo ecoloxista recordou que respecto a esta cuestión existe un compromiso do BNG e o PSOE, desde que asumiron o goberno autonómico, e nembargantes "cada día son máis as evidencias que fan pensar que o actual goberno da Xunta non está disposto a actuar decididamente para adiantar a data de saída do complexo da nosa Ría". A APDR pensa que o goberno galego "está disposto a dilatar indefinidamente" esta cuestión, e aínda que dubida sobre se esta actitude da Xunta responde á súa propia "ineptitude" ou se se trata dun "caso de aberta complicidade coa empresa pasteira", conclúe que "en calquera caso, a inoperatividade do goberno resulta máis que evidente".
Para a APDR "non só a necesidade de recuperar a Ría para a explotación racional do marisqueo, a pesca e o turismo xustificarían un cambio de actitude no Goberno galego, senón que existen razóns legais suficientes que avalarían unha actitude de forza fronte á empresa". |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|