Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Rajoy: Menos galego que o galego Imprimir Correo-e
Beatriz Guiance   |   Xoves, 23 de Agosto do 2007   |
Image O presidente do PP, Mariano Rajoy, ve intranscendente que os nenos galegos aprendan o himno autonómico, unha idea que, como a posibilidade de cambiar o uso horario na Galiza, "non lle importa a ninguén", e asegurou que o transcendente para eles é que aprendan inglés ou que se familiaricen coas novas tecnoloxías.

O dirixente popular respondía así ao interese do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, por aproveitar o ano do centenario da primeira interpretación do himno para que non haxa ningún neno en Galicia "que non coñeza e saiba cantar os versos do bardo de Bergantiños".

"Eu creo que o máis importante en Galicia é que os nenos estuden inglés desde os tres anos, que se familiaricen coa sociedade da información e as novas tecnoloxías desde a idade máis temperá, que saiban moitas ciencias, moitas matemáticas e que teñan un modelo educativo esixente, porque se non, estarémolos a enganar", manifestou Mariano Rajoy.

"Aquí falouse de poñer os nomes das lápidas en galego, falouse do cambio de hora... Todo iso non lle importa a ninguén", resolveu o dirixente popular.

Non lle importará a ninguén que non sexa galego, non lle importará a Rajoy e non lle importará a un desleigado coma el.

Acaso a ignorancia e o auto-odio que parece carcomelo por dentro lle impide ver que non é incompatible o coñecemento do inglés ou francés, alemán ou calquera outra lingua - incluso o salvaguardado e benquerido español - co galego?

Acaso as novas tecnoloxías obnubilan tanto a mente de Mariano que non ve máis aló dos seus fuciños e non entende que un cativo que saiba prender un computador pode ter a sensibilidade de ler, saber e cantar o himno da súa patria, da súa terra... ?

Primará logo as ciencias e tecnoloxías por riba das humanidades?

Quere nenos que teñan pensamento crítico, coñecementos e raciocinio ou quere autómatas de mente estreita como a súa ademais dunha masa submisa á que controlar?

Non será enganar aos nenos roubarlle a súa identidade? 

Todos os coñecementos son necesarios para a formación dun neno, empezando pola súa lingua nai.

Son tan necesarias unhas nocións de filosofía, historia, arte, linguas... como unhas matemáticas ou unha tecnoloxía... e iso sen esquencer nunca que hai que aprender valores, porque de nada me servirá ter un máster se non teño humildade, humanidade, civismo e respecto polos demais.

E pasando da educación ao máis alá, a Mariano non lle importará que na súa lápida apareza un epitafio en galego - igual si lle importaría e se levantaría a sacalo - mais hai a moita xente que ao mellor lle gustaría incluír nas súas derradeiras vontades levar un epitafio na súa lingua e ter a liberdade de poder facelo.

Ninguén impón, salvo o español.

Comentarios (10)add
1
Fran
Excelente artigo.

Agosto 23, 2007

2
Alba
Volves con forzas renovadas, non sei se houbo vacacións polo cativo pero o artigo está de medo. Boíiiiisimo.


Agosto 23, 2007

3
manu
perfecto

Agosto 23, 2007

4
Brais MG
Dende logo chamas as cousas polo seu nome, admiro a túa valentía por dicir o que pensas e non ir ó fácil que sería facer como nos demais medios, peloteros.
Súmome ás apreciacións dos demais elevadas ó cuadrado, Perfecto, boísimo, excelente.

Agosto 24, 2007

5
Farto de cacicadas e da HiPPoc
Rajoy so quere que os galegos non sexan galegos. E dicir, que non falen o galego, que non coñezan e canten o seu hino, que se avegoncen de decir de donde son, que castelanicen o seu apelido, que castelanicen os toponimos galegos,etc.
E logo moito estudo de ingles, pq o fin o cabo, o futuro de todo galego e emigrar, e para iso so necesitan saber o ingles e espanhol. Ese e o futuro que lles ofrece o PP os xovenes galegos. Asi foi durante 16 anos de fraguismo.
Para eles a nosa lingua e sinonimo de ameaza para Espanha, pq se o galego defende o propio, esta a defender a sua identidade, e a identidade galega nada ten que ver coa espanhola.
Non tardara o PP e implantar nas escolas o estudo do hino espanhol (cando lle poñan letra), o lolailo nas clases de musica e cambiar a rapa das bestas polas touradas. O tempo!

Agosto 25, 2007

6
Ganesh
Os galegos têm que tomar muito cuidado com as ofensivas castelhanizantes. Se não se cuidam dentro de 15 anos a geração só falará castelhano. Galego converter-se-á em língua litúrgica. smilies/sad.gif :'(

Infelizmente o que mais se vê cada dia é gente galega dizendo somente "hola, ¿que tal?" e terminando as palavras em "ción" ou usando a castelhaníssima "ñ". Nós da AGAL somos otimistas extremos e cremos que esse panorama possa ser revertido com a boa vontade de todos, sobretudo dos meios formadores de opinião (meios de comunicação) na normalização lingüística. É primordial livrar o galego dos códigos artificiais (RAG) que não se escutam na oralidade, sobretudo do campo (meio rural).

É como diz o nosso querido galego Carlos Figueiras: "há que trazer o galego ao seu sistema histórico original que é a galeguidade, conhecida internacionalmente como lusofonia".

Para quando a Galiza na CPLP? Até Guiné Equatorial (hispana) agora pertence à Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Agosto 25, 2007

7
Anxo D
Este home non pensa o que dí, nin ónde o dí. É bastante difícil ter respeto por outras ideoloxías cando non fan máis que minar sen respeto á dos demáis. Cando o despracen do seu trono PPeiro e chame ás portas da terra para pretender gobernar como se nunca estivera lonxe de Galiza (nin física nin mentalmente) entón nada me daría máis gosto que miralo voltando cara ó seu antigo traballo coas orellas baixas e recoñecendo que fala galego en círculos pechados de amigos á máis de canta-lo hino de Galiza cando a queimada non o pode frear. Cúspolle nos pés por xudas, por renegado, por pelele dos máis dereitistas do Estado espanhol (xa sabedes quén son).
Saúdos, tamen con forza, ledos de sentir a tanta boa xente por aquí de novo.

Agosto 27, 2007

8
benchosei
Vivindo en medio anglofilo toda a vida case, que insulto e de postular que todos os galegos pra comer deben falar ingres, xa lle cheja ven ca lengua Zuritana e mais a deles, si tiran amerda a Zuritana que lle fagan mais site o galego e o ingles, mais isodo ingles urbi et orbi e un fraude significa co gobernoesta colonizado que nondefende a seu pobo, o ingles pa quen o necesite vos ben os vedes iles non falan as outras linguas mais carrexadores de auga coma Rajoy hai moi poucos,

Agosto 28, 2007

9
benchosei
Benquerida Beatriz espero que lle dediques un artigo a unha sondaxe da Verza de galicia onde fala dos fitos mais importantes da nosa historia endexamais vin cousa comela, case tan duro coma leer a Historia galega de Villares e non sair con xaquequa

Setembro 03, 2007

10
Brais
Rajoy, despois de fracasar en España, virá a Galicia para ser o noso presidente, como fixo Fraga.
Parabéns polo artigo.

Setembro 03, 2007

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image